A Filosofía de Platón: Teoría das Ideas, Ética e Política
Platón: Vida e Contexto Histórico
Platón naceu en Atenas no 427 a.C. e foi un dos grandes discípulos de Sócrates, o seu mestre. Criouse no seio dunha familia aristocrática. Ao volver a Atenas fundou unha escola chamada Academia, que se converteu no centro da vida intelectual. As súas últimas obras recollen un cambio no pensamento e estilo dos seus escritos.
A sociedade ateniense da época, marcada polas Guerras Médicas, estaba dividida xerarquicamente en cidadáns, metecos e escravos. Ademais disto, as mulleres, en xeral, estaban moi mal consideradas.
A Teoría das Ideas
A Teoría das Ideas inclúe as bases fundamentais sobre as que se apoia o pensamento de Platón. O filósofo ofrece, por unha banda, unha solución conciliadora ao problema...