A Poesía Galega entre 1936 e 1976: Xeracións e Autores
A poesía galega entre 1936 e 1976
A interrupción da actividade literaria en galego debido á Guerra Civil provocou que, entre 1935 e 1946, non aparecese ningún libro. A primeira obra publicada foi Cómaros verdes de Aquilino Iglesia Alvariño (1947). Os medios oficiais sementaban en Galicia temores e terrores, o que dificultaba a expresión na nosa lingua.
A editorial Galaxia impulsou o labor de recuperación da lingua. Nacen coleccións de poesía como Salnés (Vigo), Benito Soto (Pontevedra), Alba (A Coruña) e Xistral (Lugo).
No 1962, publícase Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro, introducíndose na tradición da poesía cívica. Posteriormente, Méndez Ferrín sinala unha ruptura co realismo crítico de Celso Emilio, anunciando...