Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

Cortes de Cádiz: decretos e Constitución de 1812 (A Pepa)

Historia3,31 KB

A labor das Cortes de Cádiz

A labor das Cortes de Cádiz foi destruír os fundamentos do A.R. pouco a pouco mediante os decretos. En Cádiz aparecen definidas varias posturas políticas:

Posturas políticas en Cádiz

  • Jovellanistas: modelo intermedio entre absolutistas e liberais.
  • Absolutistas: defenden os dereitos sagrados do monarca. Pretenden botar os franceses e repoñer a Fernando VII no trono, volvendo ao Antigo Réxime.
  • Liberais: burgueses e clases medias; loitan pola liberdade e por reformar o sistema político, acabando co Antigo Réxime. Queren o voto individual.

Os decretos

A obra lexislativa dos decretos das Cortes de Cádiz podemos dividi-la en aquelas leis que destrúen o A.R. (1810-1812) e aquelas que crean un novo réxime (1812-1814)...

Seguir lendo "Cortes de Cádiz: decretos e Constitución de 1812 (A Pepa)" »

Aristóteles e a Crítica a Platón: Diferenzas e Filosofía

Filosofía e ética2,7 KB

Crítica da doutrina platónica

Aristóteles representa o esforzo por asignar autonomía e valor a unha realidade que o pensamento platónico reducía a unha simple copia imperfecta. Para el, a natureza é o desenvolvemento ascendente dos seres en busca da súa perfección. Era biólogo. Valoraba as ciencias empíricas, renunciando aos elementos místicos do platonismo.

Gnoseoloxía

Platón mantén dous niveis de coñecemento, pero para o realismo empirista aristotélico o coñecemento comeza polos sentidos. Aristóteles nega a existencia separada das ideas platónicas; di que as ideas son inmanentes ao mundo.

Propón a súa filosofía coñecida como hilemorfismo, que se aplica a cada substancia sensible. A materia é a disposición espontánea...

Seguir lendo "Aristóteles e a Crítica a Platón: Diferenzas e Filosofía" »

Teorías da evolución: do fixismo ao evolucionismo

Bioloxía2,84 KB

Teorías da evolución: do fixismo ao evolucionismo

O evolucionismo opúxose ao fixismo. O fixismo considera que todas as especies son independentes e permanecen inalteradas a través do tempo desde a súa creación. No evolucionismo o universo e a vida son o produto do desenvolvemento. A diversidade das especies é o resultado do cambio e da adaptación.

Entre as teorías evolucionistas distinguimos as seguintes:

Lamarquismo

Lamarquismo. Primeira teoría global que defende que:

  • Hai unha progresión gradual desde organismos moi simples a outros máis complexos.
  • O mecanismo polo que se producen os cambios graduais é a adaptación ao ambiente por medio do uso e desuso de determinados órganos.
  • O exercicio dos órganos produce o seu desenvolvemento
...
Seguir lendo "Teorías da evolución: do fixismo ao evolucionismo" »

Estandarización do Galego: Historia, Normativa e Criterios

Lingua e literatura2,48 KB

Elaboración do estándar: perspectiva histórica

A normativización é custosa. O primeiro paso a realizar é a fixación dunha ortografía, a escolla dunha variedade estándar e a elaboración de dicionarios e gramáticas.

No galego, dicionarios e gramáticas aparecen a partir de 1860, pero non é ata o século XX cando comezan a haber propostas de normas comúns. Un claro exemplo é Algunhas Normas pra a Unificación do Idioma Galego, publicado en 1933 polo Seminario de Estudos Galegos, coa posterior publicación de Engádega ás Normas pra a unificación do Idioma Galego (1936).

Máis tarde, nos anos 70, a RAG (Real Academia Galega) sacou á luz os seus primeiros resultados no proceso de estandarización: Normas ortográficas do idioma galego...

Seguir lendo "Estandarización do Galego: Historia, Normativa e Criterios" »

Historia e Orixe do Galego: Substrato e Romanización

Tecnoloxía2,85 KB

Introdución

O galego, o portugués, o castelán, o francés, o provenzal, o italiano, o romanche, etc., son linguas románicas —tamén chamadas romances ou neolatinas—, é dicir variedades xeográficas do latín vulgar (latín falado). O galego é o resultado da evolución no noroeste da Península Ibérica do latín vulgar.

Substrato

Chamamos substrato á influencia dunha lingua nativa ou indíxena (que acabará sendo substituída) sobre outra lingua implantada no mesmo territorio.

Adstrato

Falamos de adstrato para referirnos á influencia recíproca entre linguas veciñas ou que conviven nun mesmo territorio.

Superestrato

Chamamos superestrato á influencia exercida sobre unha lingua aborixe por unha lingua invasora.

Periodo prerromano

Baixo...

Seguir lendo "Historia e Orixe do Galego: Substrato e Romanización" »

Historia e evolución da dramática galega (1900-1936)

Lingua e literatura3,3 KB

O teatro galego no inicio do século XX

No inicio do século XX, o teatro segue a ser o xénero menos desenvolvido. Ao longo das tres primeiras décadas prodúcese un progresivo desenvolvemento coa creación do Conservatorio Nacional da Arte Galega, aínda que as perspectivas víronse cortadas pola Guerra Civil.

A dramática rexionalista

A produción teatral do século XIX e comezos do XX, denominada dramática rexionalista, ía dirixida a un público formado polas clases populares. Coa creación da Escola Rexional de Declamación xorden dramas nos que se denuncia o caciquismo, se satirizan certos tipos sociais ou nos que se reivindica a necesidade de galeguizar a sociedade. Neste ámbito destaca no teatro en prosa Manuel Lugrís Freire. Entre...

Seguir lendo "Historia e evolución da dramática galega (1900-1936)" »

O impacto do exilio na literatura galega do século XX

Outras linguas estranxeiras3,03 KB

A literatura galega no exilio

De entre todos os autores que realizaron a súa actividade no exilio, podemos destacar os poetas:

  • Emilio Pita (Jacobusland)
  • Luis Seoane (Fardel de eisilado, Na brétema Sant-Iago e As cicatrices)
  • Lorenzo Varela (Lonxe)

Todos eles estiveron marcados pola Guerra Civil nas súas obras e pola experiencia do exilio e a emigración. A temática da guerra atopámola tamén nas obras dos dous principais narradores: Ramón Valenzuela (Non agardei por ninguén e Era tempo de apandar) e Silvio Santiago (O silencio redimido).

Co tempo, evolucionan cara a unha temática da lembranza da súa terra e a morriña, idealizando a paisaxe de Galicia e expresando os seus sentimentos de volver á súa terra.

O xénero dramático no exilio

No...

Seguir lendo "O impacto do exilio na literatura galega do século XX" »

Poesía Galega de Posguerra: 1936-1975

Lingua e literatura5,14 KB

Poesía de Posguerra (1936-1975)

Tras a Guerra Civil Española (1936-1939) comeza a ditadura franquista, época de represión social e ideolóxica. Esta represión facía que culturas como a galega e a catalá fosen perseguidas. Asasinaron algúns importantes galeguistas como Alexandre Bóveda, censuraron obras como A Esmorga e Sempre en Galiza. A partir de 1947 suavizouse esta represión e saíron á luz obras como Cómaros verdes, e creouse a editorial Galaxia. A partir da morte de Franco, os homes da Xeración Nós fomentaron a cultura nos anos 60 e comezaron a xurdir os partidos políticos de esquerdas, como a UPG, pero na clandestinidade.

A Poesía entre 1936 e 1975

A poesía, en certa maneira, foi un xénero privilexiado, xa que se publicaron...

Seguir lendo "Poesía Galega de Posguerra: 1936-1975" »

A Evolución do Galego: Século XIX, Guerra Civil e Lexislación Actual

Lingua e literatura6,34 KB

O Século XIX: O Rexurdimento Literario

No século XIX produciuse o rexurdimento literario do galego. As ideas do Romanticismo favoreceron o desenvolvemento dunha corrente ideolóxica galeguista cos obxectivos fundamentais da defensa de Galicia e da súa lingua.

Contexto Político e Lexislativo

  • A guerra contra os franceses propiciou o uso do galego en impresos propagandísticos, como o folletoProezas de Galicia (1810) de Fernández Neira. O uso do galego esténdese a temas políticos do momento, esixindo o emprego da lingua dos seus destinatarios.
  • As estruturas do Antigo Réxime foron substituídas polo aparato administrativo dun estado liberal. As ideas liberais plasmáronse na Constitución de Cádiz.
  • O cambio político trouxo as ideas da Revolución
...
Seguir lendo "A Evolución do Galego: Século XIX, Guerra Civil e Lexislación Actual" »

Cantigas de amor: caracterización e clasificación

Lingua e literatura3,24 KB

Cantigas de amor: caracterización temática

Cantigas de amor. Caracterización temática. A voz narrativa é sempre a dun home que expresa os seus sentimentos diante da dama da que está namorado. As características principais son as seguintes:

  • A primeira e esencial característica das cantigas de amor é que nelas a voz narrativa é sempre a dun home que expresa os seus sentimentos diante da dama da que está namorado.
  • Protagonismo da dama. A dama nunca se perfila como alguén real, senón máis ben como un ser abstracto do que apenas coñecemos que é sempre fermosa, tanto no tocante ao aspecto físico como no que atinxe ao espiritual.
  • Actitude do namorado. O namorado non pode mostrar máis que absoluta submisión cara á súa amada. Trátase
...
Seguir lendo "Cantigas de amor: caracterización e clasificación" »