Cortes de Cádiz: decretos e Constitución de 1812 (A Pepa)

Historia3,31 KB

A labor das Cortes de Cádiz

A labor das Cortes de Cádiz foi destruír os fundamentos do A.R. pouco a pouco mediante os decretos. En Cádiz aparecen definidas varias posturas políticas:

Posturas políticas en Cádiz

  • Jovellanistas: modelo intermedio entre absolutistas e liberais.
  • Absolutistas: defenden os dereitos sagrados do monarca. Pretenden botar os franceses e repoñer a Fernando VII no trono, volvendo ao Antigo Réxime.
  • Liberais: burgueses e clases medias; loitan pola liberdade e por reformar o sistema político, acabando co Antigo Réxime. Queren o voto individual.

Os decretos

A obra lexislativa dos decretos das Cortes de Cádiz podemos dividi-la en aquelas leis que destrúen o A.R. (1810-1812) e aquelas que crean un novo réxime (1812-1814). Estudamos as máis importantes:

  • Liberdade de imprenta (1810): sen censura previa.
  • Abolición do réxime señorial (1811): a partir de agora o dereito a administrar xustiza e nomear xuíces que a nobreza e o clero exercía no seu territorio pasa ao Estado. O señorío territorial deixa de entenderse como unha chusca de privilexios sobre os veciños e perde moitos dos seus privilexios como propiedade privada.
  • Supresión da Inquisición (1813): obstáculo para a liberdade de pensamento e o desenvolvemento da ciencia; así a Igrexa perdía o control sobre a sociedade.
  • Incautación de bens e rendas de traidores, da Inquisición... intento de desamortización que non se chega a rematar (1813).
  • Disolución do sistema gremial e liberdade de empresa e de contratos no campo (1813): prexudica os traballadores do campo, que ven reducidos os seus contratos de arrendamento.
  • Supresión da Mesta.
  • Outros decretos: creación do Tribunal Supremo, supresión de aduanas, etc.

A Constitución de 1812 ("A Pepa")

Unha constitución é a lei suprema e fundamental da organización dun Estado. Obriga a todos; ningunha normativa legal pode opoñerse a ela. Debe estar elaborada polos representantes da nación e aprobada polos cidadáns con dereito a voto.

Chamábase "A Pepa" porque foi promulgada o día de San Xosé en 1812; ten 384 artigos. Existe un compromiso entre liberais e absolutistas; por iso recoñece a relixión católica como única relixión.

Principais características

  • Monarquía: hereditaria pero non absoluta.
  • Soberanía nacional.
  • Dereitos individuais do liberalismo: liberdade, igualdade e propiedade para todos os españois de ambos os hemisferios.
  • Créase a milicia nacional.
  • Sufraxio: practicamente universal masculino (+25 anos).
  • Separación de poderes:
    • Lexislativo: Cortes unicamerais.
    • Executivo: o xefe do Estado é o rei.
    • Xudicial: nos tribunais de xustiza (igualdade dos cidadáns ante a lei).

A sociedade estamental queda destruída. Centralismo político: créase unha soa lexislación e suprímense os foros.

Descargar

PDF Word HTML