Teorías da evolución: do fixismo ao evolucionismo
Teorías da evolución: do fixismo ao evolucionismo
O evolucionismo opúxose ao fixismo. O fixismo considera que todas as especies son independentes e permanecen inalteradas a través do tempo desde a súa creación. No evolucionismo o universo e a vida son o produto do desenvolvemento. A diversidade das especies é o resultado do cambio e da adaptación.
Entre as teorías evolucionistas distinguimos as seguintes:
Lamarquismo
Lamarquismo. Primeira teoría global que defende que:
- Hai unha progresión gradual desde organismos moi simples a outros máis complexos.
- O mecanismo polo que se producen os cambios graduais é a adaptación ao ambiente por medio do uso e desuso de determinados órganos.
- O exercicio dos órganos produce o seu desenvolvemento e perfección. De aquí xorde unha afirmación, que se fixo célebre: «A función crea o órgano».
- Os caracteres así adquiridos hérdanse e permiten unha mellor adaptación ás condicións do medio.
As teses de Lamarck axudaron a formular a proposta evolucionista.
Darwinismo
Darwinismo. Segundo Darwin, establécese unha loita pola supervivencia porque hai máis seres vivos que recursos, o cal provoca un proceso de selección natural. Sobreviven os máis aptos, é dicir, os que teñen mellores características para adaptarse ao medio. Os peor adaptados morren e os mellor adaptados transmiten as súas características aos seus descendentes. Esta teoría impúxose á de Lamarck, pero non explicaba suficientemente o mecanismo da evolución porque lle faltaba unha teoría adecuada que aclarase como as variacións se transmiten por herdanza; requiría unha explicación para a herdanza biolóxica.
Mutacionismo
Mutacionismo. Teoría que afirma que o progreso evolutivo depende de mutacións. Distínguense dous tipos de variacións: as modificacións provocadas por cambios ambientais, que non se herdan, e as mutacións, que son alteracións que se producen nos xenes dos organismos vivos por causas que actúan ao azar, e que transmítense por herdanza.
Neodarwinismo
Neodarwinismo. Teoría sintética onde se intenta armonizar o principio darwinista da selección natural e os principios xenéticos da mutación como mecanismos explicativos do proceso evolutivo. Segundo esta teoría, as mutacións explican as variacións causais dos organismos que se herdan, e a selección natural dirixe o curso da evolución, eliminando as variacións menos dotadas e favorecendo os mellor adaptados.