Sofistas: Crítica de Sócrates e Platón ao Relativismo
Por outra banda, Sócrates compartiu con Platón o seu rexeitamento aos sofistas polo seu utilitarismo, a súa orientación da educación cara o éxito na política e a súa actitude sensista, subxectivista e relativista (Emilio Lledó e outros, Historia da Filosofía).
Escepticismo Sofista e Negación da Realidade
Os sofistas exerceron un escepticismo burlón e disolvente (Jesús Mosterín, op. Cit). Negaron a distinción, establecida por Parménides e recollida posteriormente por Platón, entre o que as cousas parecen ser e o que son en realidade; para eles non hai máis realidade que a das aparencias. Así mesmo, opoñíanse á dicotomía (tamén platónica e de orixe parmenídea) entre saber indubidable e opinión ilusoria, xa que todas as
...