O impacto do exilio na literatura galega do século XX

Outras linguas estranxeiras3,03 KB

A literatura galega no exilio

De entre todos os autores que realizaron a súa actividade no exilio, podemos destacar os poetas:

  • Emilio Pita (Jacobusland)
  • Luis Seoane (Fardel de eisilado, Na brétema Sant-Iago e As cicatrices)
  • Lorenzo Varela (Lonxe)

Todos eles estiveron marcados pola Guerra Civil nas súas obras e pola experiencia do exilio e a emigración. A temática da guerra atopámola tamén nas obras dos dous principais narradores: Ramón Valenzuela (Non agardei por ninguén e Era tempo de apandar) e Silvio Santiago (O silencio redimido).

Co tempo, evolucionan cara a unha temática da lembranza da súa terra e a morriña, idealizando a paisaxe de Galicia e expresando os seus sentimentos de volver á súa terra.

O xénero dramático no exilio

No xénero dramático destaca a estrea en Bos Aires da obra de Castelao, Os vellos non deben namorarse, representada pola compañía de Varela Buxán. A obra trata o tema do vello que se namora dunha moza e acaba morrendo. Nela plásmase a idea do teatro como espectáculo integral, onde, xunto ao texto, cobran gran importancia outros elementos como o vestiario, os decorados, a luz, o baile e a música.

Xunto con Castelao, outros autores de teatro no exilio foron:

  • Varela Buxán: creou pezas de tipo popular, cómicas, sentimentais e de ambiente rural (Taberna sen dono).
  • Blanco Amor e Luis Seoane: crearon pezas máis innovadoras e experimentais, como as Farsas do primeiro ou A soldadeira do segundo.

A literatura galega tras a Guerra Civil

Como consecuencia da vitoria dos militares sublevados contra a República, o labor literario que se comezou a desenvolver no primeiro terzo do século XX coas Irmandades da Fala e a Xeración Nós correu o risco de verse truncado. Porén, grazas ao labor dos exiliados que fuxiron da represión e dos intelectuais xa emigrados en América, a actividade literaria e cultural tivo continuidade en México, Bos Aires e Montevideo.

Os exiliados e emigrados, sobre todo na capital da Arxentina, desenvolveron un amplo labor intelectual mediante a publicación de revistas, a creación de editoriais, representacións teatrais e programas de radio. No exilio publicáronse as obras que en Galicia non podían ver a luz pola censura.

A Guerra Civil supuxo un parón na literatura galega durante máis dunha década. Será no exilio onde se publique unha das obras máis importantes da narrativa galega de posguerra no ano 1959, na andaina cara á modernización: A esmorga, de Blanco Amor, que supón unha novidade na técnica narrativa, na súa estrutura, no tema, nos ambientes presentados e nos personaxes.

Descargar

PDF Word HTML