Guía da Literatura Galega: Nova Narrativa e Teatro

Lingua e literatura6,41 KB

A Nova Narrativa Galega

A Nova Narrativa Galega xorde na década dos 50. O seu desenvolvemento abrangue dende 1954, coa publicación de Nace unha árbore de Gonzalo Mourullo, ata 1970, con Cara a Times Square de Camilo Gonsar.

Características principais

  • Formación: Os autores comparten formación universitaria, inquietudes galeguistas e experiencia como viaxeiros por Europa.
  • Estilo: Levan a cabo unha narración renovadora e experimental. Interésalles a narración sen andadura lóxica, sen protagonista individual e sen historia lineal.
  • Influencias: M. Proust, Kafka, J. Joyce, W. Faulkner e Sigmund Freud.
  • Temas: A ditadura, a industrialización, a sociedade de consumo, a soidade, o terror e a angustia.
  • Técnicas: Narrador-protagonista, narrador observador, monólogo interior e multiperspectivismo.

Autores e obras destacadas

  1. X. L. Méndez Ferrín: Percival e outras historias (temas de violencia, odio, temor e morte) e O crepúsculo e as formigas (mestura do real e o imaxinario, ambiente lúgubre, pobreza e seres marxinados).
  2. Carlos Casares: Vento ferido (sufrimento vital nunha sociedade hostil) e Cambio en tres.
  3. Gonzalo Mourullo: Nace unha árbore e Memorias de Tains.
  4. Suárez-Llanos: Lonxe de nós e dentro.
  5. M.ª Xosé Queizán: A orella no buraco.
  6. Xohana Torres: Adiós, María.

O Teatro Galego entre 1936 e 1975

O teatro sufriu a represión franquista, mantendo un silencio editorial ata os anos 50.

Evolución cronolóxica

  • 1950-1965: Teatro pensado para ler, dirixido a unha minoría intelectual galeguista. Destacan:
    • Álvaro Cunqueiro: O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca.
    • Carballo Calero: Auto do prisioneiro.
    • Mariñas del Valle: A revolta.
  • Anos 60: Nace o teatro independente cunha renovación estética e temática. A Xeración dos 50 crea textos dramáticos críticos, marcados pola opresión e a falta de liberdade. Destacan:
    • Daniel Cortezón: Prisciliano.
    • Manuel María: Barriga Verde.
    • Xohana Torres: Á outra banda do Iber.
  • 1973: Convocada por Abrente, ten lugar a I Mostra de Teatro de Ribadavia e nace o Grupo Abrente (ou Grupo de Ribadavia), que denuncia a situación política e a opresión.
  • Manuel Lourenzo: Destaca pola mitoloxía clásica (Fedra e Electra), o metateatro (A ilusión de escena) e o carácter ensaístico (Edén e outros paraísos).
  • Roberto Vidal Bolaño: Combina o popular co culto, a crítica e a ironía en Doentes, e o "realismo sucio" en Saxo tenor.

A Prosa e Poesía de fins do XX e comezos do XXI

Nos anos 70, o mundo cultural galego vive un momento dinámico co nacemento de editoriais, revistas e certames. Unha nova etapa rompe co socialrealismo a partir de Con pólvora e magnolias de Méndez Ferrín, Seraogna de Alfonso Pexegueiro e Mestres de Arcadio López-Casanova.

Grupos poéticos

  • Rompente: O máis renovador e rupturista (Pexegueiro, Antón Reixa, Avendaño e Romón). Obra: Silabario da turbina.
  • Cravo Fondo: Entenden a poesía como obra de arte (Ramiro Fonte, Xulio Valcárcel). Obra: Véspera do día.
  • Alén: Renovación estética e lingüística (Mato Fondo, Salinas Portugal, Xosé Ramón Pena). Obra: Os habitantes da culpable.

A renovación dos anos 80 e 90

  • Primeira metade dos 80: Volumes colectivos como De amor e desamor I e II e revistas como Dorna e Luzes de Galiza.
  • Primeira xeración (80): Caracterízase polo culturalismo, a cultura urbana, a perfección formal e a recuperación da voz feminista. Destacan Xoán Cabana (Verbas a un irmán) e Álvarez Cáccamo (A praia das furnas).
  • Segunda xeración (90): Novos premios e coleccións (Edición do Dragón). Linguaxe directa e temas como o erotismo, a morte e o consumismo.
  • Autoras actuais: Reivindican o feminismo cunha poesía clara. Destacan Chus Pato, Olga Novo, Miro Villar (Ausencias pretéritas) e Yolanda Castaño (Vivimos no ciclo das erofanías).

O Teatro a fins do XX e comezos do XXI

A recuperación iníciase en 1975 co Grupo Ribadavia. A finais dos 70, Manuel Lourenzo e Francisco Pillado fundan a Escola Dramática Galega.

Institucionalización e grupos

  • Anos 80: Créanse grupos estables como Sarabela, Talía ou Matarile. En 1984 nace o Centro Dramático Galego (CDG), impulsando o teatro institucional, premios como o Álvaro Cunqueiro e o teatro infantil (Kukas).
  • Promoción dos 80: Centrada no individuo, o simbolismo, o absurdo e a ironía. Destacan Miguel Anxo Fernán-Vello (A casa dos afogados) e Xesús Pisón (Venenos).
  • Promoción dos 90: Estruturas máis sinxelas, menor simbolismo e novos subxéneros como a comedia e o teatro histórico. Destacan Cándido Pazó (Raíñas de pedra) e Raúl Dans (Lugar).
  • Actualidade: Gran relevancia das editoriais, o teatro escolar (A Pinguela), os contacontos, o teatro de rúa e o mimo.

Descargar

PDF Word HTML