Xosé Luís Méndez Ferrín: Vida e Obra Literaria
Xosé Luís Méndez Ferrín: Vida e Obra
Nado en Ourense, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o ano 2000 e presidente da mesma dende 2010 até 2013, cando dimitiu. O 13 de marzo de 2013 renunciou definitivamente á súa carreira de académico.
Características das súas obras
- Preocupación crítica e revolucionaria polos problemas de Galicia.
- Intertextualidade: utiliza materias e autores e tráelos ata nós.
- Reflexiona sobre a propia creación literaria.
- Aparece unha constante flutuación entre o real e o ficticio.
- Recorre a miúdo ao mundo dos soños, sendo ás veces difícil distinguilos do real.
- Presenza constante do misterioso e do inexplicable.
- Predominio da violencia e da morte.
- Crea espazos literarios propios como Tagen Ata (Galicia) e Terra Ancha (Castela).
- Aparecen espazos pechados: cárceres, torres, bibliotecas, etc.
Etapas da súa narrativa
1. Primeira etapa
Pertencen a esta etapa tres obras: Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas e Arrabaldo do norte.
- Percival e outras historias: nestas tres obras os personaxes son antiheroes violentos, seres incomunicados e con certas patoloxías. A partir da primeira obra da segunda etapa, Retorno a Tagen Ata, os personaxes aparecen como heroes revolucionarios e os seus antagonistas sempre son o traidor e o inimigo.
- O crepúsculo e as formigas: son 14 relatos de misterio onde mestura o real e o fantástico. Utiliza por primeira vez unha onomástica exótica (por exemplo: Orl, Lorelai ou Eikoff). Introduce tamén a materia de Bretaña e a entomoloxía (os insectos).
- Arrabaldo do norte: é a primeira obra influenciada polo nouveau roman francés. Nela, un personaxe masculino vaga por un espazo urbano e labiríntico entre soños e delirios. Aparece tamén a descrición feita por un narrador obxectalista.
2. Segunda etapa
Obras con sentido sociopolítico. As máis destacadas son: Retorno a Tagen Ata e Crónica de nós.
3. Terceira etapa
Obras relacionadas coa literatura fantástica. As máis destacadas son: Arraianos e Amor de Artur.