Moral e natureza: ética, virtude e determinismo humano

Filosofía e ética2,35 KB

Moral e natureza

A conduta do ser humano xorde a partir da súa constitución natural, biolóxica, do medio natural no que vive e do medio social no que nace e crece.

A dimensión moral do ser humano ten a súa base, por tanto, na propia natureza deste, unha natureza que lle é dada.

Para Dewey, a moral debe basearse no coñecemento que nos proporcionan as ciencias da natureza e as ciencias sociais do home. Para propoñer e resolver intelixentemente os problemas que máis preocupan ás persoas, hai que recoñecer a unión entre a moral e a natureza humana.

Kant defende que existe unha separación entre a razón teórica, a razón científica e a razón práctica.

Hume tamén separa o mundo dos feitos do mundo dos valores.

Nacemos bos?

A integración de hábitos forma o carácter dunha persoa. Os hábitos configuran tamén a nosa personalidade.

A vontade consiste na capacidade que ten cada individuo para decidir a orientación da súa acción. A vontade leva a querer o ben nas nosas decisións e a esforzarnos na súa consecución, superando dificultades: forza de vontade.

Virtude

A virtude no ser humano é aquilo que lle fai ser o que é. Para Spinoza, o fundamento da virtude é o esforzo xurdido do desexo por conservar o propio eu.

Aristóteles defendeu que as virtudes son hábitos polos que o home se fai bo; é dicir, realiza ben a función que lle é propia segundo a súa natureza. Segundo Aristóteles, as virtudes poden ser de dous tipos:

  • Virtudes dianoéticas: son ensinadas e teñen que ver co entendemento e coa nosa busca da verdade.
  • Virtudes éticas: orixínanse pola repetición de accións e refírense aos costumes.

Teorías deterministas

En moitas tradicións relixiosas creuse na existencia dun plan tecido polos deuses para dirixir a nosa existencia: o destino.

Desde o marco teórico da psicoloxía conductista impúxose no século pasado a idea de que a conduta do ser humano está determinada polo ambiente social e cultural no que vive.

Skinner chegou a idear unha comunidade utópica na que non existía ningún problema de convivencia porque os seus habitantes foron sometidos a un rigoroso plan de condicionamentos psicolóxicos.

Descargar

PDF Word HTML