1. Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e as Illas
Era Arcaica: Emerxeu do mar unha banda arqueada formada por lousas e gneis de noroeste a sueste, a actual Galicia. Tamén xurdiron elevacións no Sistema Central e nos Montes de Toledo. Esta era foi arrasada pola erosión e cuberta polos mares paleozoicos.
Paleozoico: Tivo lugar a Oroxénese Herciniana ou Varisca, onde xurdiron cordilleiras formadas por granito, lousa e cuarcita. Elevouse o Macizo Ibérico, que foi arrasado pola erosión e convertido máis tarde nun zócalo.
Mesozoico: Período de calma con predominio da erosión e sedimentación, que axudaron ao aplanamento das cordilleiras hercinianas. A inclinación do zócalo da Meseta permitiu a entrada do mar, depositando materiais sedimentarios. Tamén se depositaron sedimentos nas foxas mariñas dos Pirineos e na zona bética.
Era Terciaria: Produciuse a Oroxénese Alpina, que rexuveneceu a Meseta. Levantáronse as cordilleiras intermedias e alpinas, e formáronse depresións prealpinas.
Cambios na Meseta e formación das illas
A Meseta cambiou a súa inclinación, experimentou fracturas e fallas, e formáronse os bordos montañosos.
Levantáronse as cordilleiras alpinas, xurdindo os Pirineos e as cordilleiras Béticas.
Formáronse depresións prealpinas entre as novas cordilleiras e o macizo antigo.
Orixinouse a natureza volcánica das Illas Canarias polo debilitamento da codia oceánica e a saída do magma á superficie.
3. Vocabulario xeográfico
Aluvión: Sedimentos de varios tipos arrastrados por correntes e depositados no seu leito. Son redondos polo choque coa auga e con outros sedimentos (cantos rodados e meandros).
Cordilleiras de pregamento: Elevacións producidas na oroxénese alpina da era terciaria por sedimentos calcáreos (Pirineos e Cordilleiras Béticas).
Cuncas sedimentarias: Zonas baixas con respecto ao que as rodea, vinculadas a fallas. Teñen orixe tectónica e nelas acumúlanse sedimentos (Depresións do Ebro e do Guadalquivir).
Foz: Provocada por un río que escava unha fenda en rocha calcárea rodeada por paredes (Canón do Sil, Canón do Río Lobos).
Macizos antigos: Montaña baixa e plana que xorde por un zócolo (Montes de Toledo e Sistema Central).
Meseta: Superficie elevada e plana ou lixeiramente inclinada, cortada por vales e montañas (Meseta española).
Ría: Val fluvial que se afundiu polo choque de placas tectónicas (Ría de Arousa, Rías Baixas e Rías Altas).