Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Xeografía

Mobilidade Espacial da Poboación en Galicia

Xeografía3,35 KB

Mobilidade Espacial da Poboación:

O Éxodo Rural

No primeiro terzo do s. XX, rexistráronse fortes correntes migratorias desde as zonas rurais ás cidades, impulsadas polas novas actividades industriais e de servizos de área urbanas. Estes movementos interrompéronse durante a guerra civil e a inmediata posguerra, para rexurdir con moita máis forza nos anos cincuenta e, sobre todo, nos sesenta e na primeira metade dos setenta. Nesta época, a economía española experimentaba un elevado ritmo de crecemento, apoiado na industrialización e o turismo, que estimularon a construción de vivendas e infraestruturas, así como os servizos ás empresas e á poboación. Ao mesmo tempo, produciuse a mecanización de gran parte das tarefas agrarias,...

Seguir lendo "Mobilidade Espacial da Poboación en Galicia" »

Movementos Naturais da Poboación en España

Xeografía3,36 KB

Movementos Naturais da Poboación

A) Natalidade, Mortalidade e Fecundidade no Réxime Demográfico Actual: O estudo dos movementos naturais da poboación presta atención a fenómenos de natalidade, mortalidade xeral, mortalidade infantil, fecundidade e esperanza de vida. Natalidade: Dende comezos do s. XX, a natalidade en España amosou unha tendencia descendente que aumentou a finais dos anos 70. Esta propensión a baixar sitou a España a finais do s. XX nun dos índices máis baixos de Europa. O descenso da natalidade fixo que o número de nados se achegase ao número de falecidos, dándose un escaso crecemento natural da poboación. A esta baixa natalidade haille que sumar unha esperanza de vida prolongada. Como resultado, deuse un envellecemento...

Seguir lendo "Movementos Naturais da Poboación en España" »

Glosario de Termos de Administración, Economía e Turismo en Galicia

Xeografía3,61 KB

Glosario de Termos de Administración, Economía e Turismo

Comunidade autónoma: É unha entidade territorial formada por provincias limítrofes, territorios, ou provincias con entidade rexional histórica.

Estatuto de Autonomía: É a norma legal básica pola que se rexen todas as comunidades autónomas. Nela establécese a súa denominación, delimitación territorial, identificación das institucións autonómicas existentes e a súa localización, así como as competencias que se asumen.

Municipio: É a entidade territorial básica. A súa función é prestarlles servizos aos veciños. O goberno e a administración municipal correspóndelle ao concello.

Parroquia: División administrativa menor que un municipio, integrada por varias aldeas....

Seguir lendo "Glosario de Termos de Administración, Economía e Turismo en Galicia" »

Industria española: desafíos, consecuencias e globalización

Xeografía5,04 KB

Situación actual da industria española

España é un país integrado no conxunto dos países industriais do mundo. Pero o desenvolvemento da actividade industrial non acadou un nivel notable ata a segunda metade do século XX. A industria española despois da súa entrada na Unión Europea viviu un proceso de modernización produtiva. A mediados dos noventa a industria española convertérase no sector de actividade máis produtivo. A industria tivo un bo ritmo de crecemento de vendas, produción e demanda aínda que vai perdendo importancia. En 2007 xorde a crise financeira en Estados Unidos e aféctalle a economía mundial.

Os desafíos da industria española

  • Existe un escaso número de grandes empresas, xa que dominan as pequenas e medianas
...
Seguir lendo "Industria española: desafíos, consecuencias e globalización" »

Glosario de Termos Económicos e Turísticos en Galego

Xeografía3,26 KB

Glosario de Termos Económicos e Turísticos

Balanza de pagamentos: É unha conta que rexistra as transaccións monetarias entre un país e o resto do mundo. Poden incluír pagamentos por exportacións e importacións do Estado en cuestións de bens, servizos, capital financeiro e transferencias financeiras. As fontes de fondos para un país (exportacións,...) rexístranse como datos positivos mentres as importacións como datos negativos.

Economía somerxida: Conxunto de actividades económicas que se desenvolven clandestinamente e escapan ao control fiscal e ás leis e normativas laborais. Permite a subsistencia marxinal dun sector máis ou menos amplo da poboación que non recibe contrapartidas legalmente recoñecidas.

Ecoturismo: É unha...

Seguir lendo "Glosario de Termos Económicos e Turísticos en Galego" »

Impactos do Turismo e Dinámica da Poboación en España

Xeografía2,59 KB

A produción supón que os compoñentes dun produto se fabriquen en lugares moi diversos. Despois son transportados ata unha fábrica e desde onde se distribúe o produto final aos mercados internacionais.

Problemas Asociados á Actividade Turística

Isto trátase de problemas comúns como unha actividade afectada por certa inestabilidade, crecente competencia doutros destinos turísticos, sector suxeito a unha forte estacionalidade ao longo do ano, como consecuencia prodúcese unha insuficiencia de certos servizos nos períodos de máxima afluencia de turistas. Noutros casos trátase de problemas localizados nas zonas de maior densidade turística: prodúcese unha intensa ocupación na liña de costa, modificouse a dinámica litoral pola proliferación...

Seguir lendo "Impactos do Turismo e Dinámica da Poboación en España" »

Definicións: Economía, Demografía e Turismo

Xeografía3,48 KB

Definicións de Economía, Demografía e Turismo

Conceptos Económicos

Balanza de pagamentos: Documento que rexistra todas as transaccións monetarias entre un país e o resto do mundo ao longo dun ano.

Economía sumerxida: Conxunto de actividades económicas que se desenvolven clandestinamente e escapan do control fiscal e ás leis e normativas laborais.

Ecoturismo: Nova tendencia do turismo alternativo, diferente ao turismo tradicional. Nestas actividades turísticas privilexiase a sustentabilidade, a preservación e a apreciación do medio natural e cultural.

Franquicia: Cadeas de establecementos pertencentes a empresas xuridicamente distintas ligadas por un contrato no que unha (a franquiciadora) lle concede a outra (as concesionarias) a licenza,...

Seguir lendo "Definicións: Economía, Demografía e Turismo" »

Migracións en España: Éxodo Rural e Inmigración

Xeografía4,37 KB

A Inmigración e os Movementos Migratorios en España

A dinámica da poboación non depende só do crecemento natural, senón tamén da mobilidade da poboación ou saldo migratorio. Os movementos migratorios prodúcense por causas distintas e coñeceron diferentes fases, tipos e épocas.

Os movementos migratorios españois adoitan clasificarse en:

  • Migracións transoceánicas históricas: Cuxo principal punto de destino foron diversos países de América Latina.
  • Migracións campo-cidade: Tiveron lugar cando aumentou a poboación rural, diminuíu a poboación empregada na agricultura e aumentou a demanda de man de obra na industria e nos servizos.

O Éxodo Rural: De 1900 a 1975

No primeiro terzo do século XX rexistráronse fortes correntes migratorias...

Seguir lendo "Migracións en España: Éxodo Rural e Inmigración" »

Ancares Galegos: Xeografía, Clima e Biodiversidade Natural

Xeografía3,03 KB

Os Ancares Galegos: Xeografía e Biodiversidade

A rexión dos Ancares corresponde a unha área das serras orientais galegas, situada ao leste da comunidade. Posúe altitudes que rozan os 2000 metros, o que dificulta enormemente as comunicacións coa Meseta.

Formación e Relevo Característico

Trátase de serras que teñen un aspecto redondeado polo efecto do glaciarismo. Estas serras formáronse durante a oroxénese alpina, na era terciaria, e caracterízanse pola súa grande diversidade xeolóxica, con presenza de lousa, cuarcitas, calcarias e pequenas áreas de dominio granítico.

Esta circunstancia, unida á intensa acción erosiva dos ríos, deu lugar a un relevo que se sintetiza nunha sucesión de vales e cumios coroados por cristas de cuarcita....

Seguir lendo "Ancares Galegos: Xeografía, Clima e Biodiversidade Natural" »

Glosario de Termos Clave: Agricultura, Pesca e Industria

Xeografía2,9 KB

Glosario do Sector Primario

Acuicultura

Conxunto de actividades que, mediante algún tipo de intervención no ciclo biolóxico de animais ou plantas acuáticas, permiten controlar a súa reprodución e crecemento.

Agricultura Ecolóxica

É aquela que aproveita os recursos naturais para producir co fin de obter alimentos orgánicos, á vez que se conserva a fertilidade da terra e se respecta o medio ambiente.

Denominación de Orixe

Marca de calidade que se aplica a produtos orixinarios dunha zona xeográfica e con características que os diferencian doutros.

Desagrarización

Concepto que fai referencia á perda de poboación dedicada á actividade agraria, así como á perda de importancia económica da actividade agrícola nun territorio.

Explotación

...
Seguir lendo "Glosario de Termos Clave: Agricultura, Pesca e Industria" »