Glosario de Termos Clave: Agricultura, Pesca e Industria
Glosario do Sector Primario
Acuicultura
Conxunto de actividades que, mediante algún tipo de intervención no ciclo biolóxico de animais ou plantas acuáticas, permiten controlar a súa reprodución e crecemento.
Agricultura Ecolóxica
É aquela que aproveita os recursos naturais para producir co fin de obter alimentos orgánicos, á vez que se conserva a fertilidade da terra e se respecta o medio ambiente.
Denominación de Orixe
Marca de calidade que se aplica a produtos orixinarios dunha zona xeográfica e con características que os diferencian doutros.
Desagrarización
Concepto que fai referencia á perda de poboación dedicada á actividade agraria, así como á perda de importancia económica da actividade agrícola nun territorio.
Explotación Intensiva
Forma de explotación en agricultura e gandería localizada sobre unha superficie reducida, que require un grande investimento de capital e traballo, a utilización de métodos modernos, maquinaria e fertilizantes que elevan o rendemento.
PAC (Política Agraria Común)
Política europea composta por unha serie de leis e normas que regulan a produción, o comercio e o tratamento dos produtos agrarios na Unión Europea.
PCC (Política Pesqueira Común)
Adopción das directrices comunitarias en materia de pesca.
Silvicultura
Cultivo e explotación racional dos bosques ou montes.
Transxénicos
Son plantas modificadas xeneticamente, é dicir, sometidas a unha alteración dos seus xenes ou que recibiron xenes procedentes doutros organismos para dotalas de certas propiedades.
Glosario de Industria, Enerxía e Innovación
Difusión Industrial
Tendencia da industria a trasladarse cara aos espazos periféricos debido aos problemas que presentan as grandes concentracións industriais.
Enerxías Renovables
Aquelas de creación recente, que veñen substituír as enerxías antigas ante a posibilidade de escaseza.
Fondos Estruturais
Axudas da UE destinadas a apoiar as rexións comunitarias máis desfavorecidas no que se refire a melloras estruturais.
Industrias Verdes
Tamén chamadas ecolóxicas ou ambientais, teñen como obxectivo desenvolver tecnoloxías limpas para a industria.
Materias Primas Estratéxicas
Aquelas que condicionan o crecemento da produción ou as riquezas mundiais e que son clave para a economía das potencias, para as grandes multinacionais e para o sector armamentístico.
Parque Tecnolóxico
Espazo acoutado para a implantación de industrias que se benefician de servizos comúns, e que teñen entre os seus obxectivos a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.
Subcontratación
É un tipo de cooperación no que unha empresa encarga a outra a fabricación ou prestación dalgún compoñente.