Impactos do Turismo e Dinámica da Poboación en España

Xeografía2,59 KB

A produción supón que os compoñentes dun produto se fabriquen en lugares moi diversos. Despois son transportados ata unha fábrica e desde onde se distribúe o produto final aos mercados internacionais.

Problemas Asociados á Actividade Turística

Isto trátase de problemas comúns como unha actividade afectada por certa inestabilidade, crecente competencia doutros destinos turísticos, sector suxeito a unha forte estacionalidade ao longo do ano, como consecuencia prodúcese unha insuficiencia de certos servizos nos períodos de máxima afluencia de turistas. Noutros casos trátase de problemas localizados nas zonas de maior densidade turística: prodúcese unha intensa ocupación na liña de costa, modificouse a dinámica litoral pola proliferación de espigóns, xéranse conflitos frecuentes polo uso do solo e da auga, problemas de contaminación e destrución de paisaxes singulares.

Distribución Espacial e Dinámica da Poboación Española

A distribución presenta os seguintes contrastes:

  • Interior e litoral: Escasa densidade do interior da península que se contrapón ás elevadas densidades da poboación na franxa costeira. Non obstante, no interior aparecen algunhas áreas con elevadas densidades como Madrid. Os contrastes entre o litoral e interior non deixan de incrementarse.
  • Cidades e medio rural: A medida que nos afastamos das cidades grandes, obsérvase un decrecemento progresivo das densidades de poboación. Queda claro que as áreas urbanas crecen máis rapidamente cas rurais. Os territorios urbanos máis dinámicos son as periferias urbanas e non as principais cidades que aumentan de forma lenta ou incluso perden poboación.
  • Norte e sur: No norte existe un gran número de vilas e municipios de pequeno tamaño, no sur o tamaño dos municipios é maior, o que axuda a explicar a gran resistencia ao despoboamento.
  • Chairas e montañas: As áreas chas presentan maiores densidades ca as montañosas. As áreas de montaña teñen unha dinámica demográfica máis negativa ca as zonas chas, xeralmente por efecto do turismo.
  • Eixes de transporte e espazos intermedios: Os principais eixes de transporte adoitan coincidir coas áreas máis dinámicas. As grandes infraestruturas de transporte tenden a seguir as áreas máis densamente poboadas e actúan como dinamizadoras destas, favorecendo o seu desenvolvemento. Nos espazos non atravesados por autoestradas e autovías as densidades e a dinámica demográfica habitualmente son menores.

Descargar

PDF Word HTML