Movementos Naturais da Poboación en España

Xeografía3,36 KB

Movementos Naturais da Poboación

A) Natalidade, Mortalidade e Fecundidade no Réxime Demográfico Actual: O estudo dos movementos naturais da poboación presta atención a fenómenos de natalidade, mortalidade xeral, mortalidade infantil, fecundidade e esperanza de vida. Natalidade: Dende comezos do s. XX, a natalidade en España amosou unha tendencia descendente que aumentou a finais dos anos 70. Esta propensión a baixar sitou a España a finais do s. XX nun dos índices máis baixos de Europa. O descenso da natalidade fixo que o número de nados se achegase ao número de falecidos, dándose un escaso crecemento natural da poboación. A esta baixa natalidade haille que sumar unha esperanza de vida prolongada. Como resultado, deuse un envellecemento da poboación. Como consecuencia da crise económica do 2007, a taxa de natalidade reduciuse debido a que os inmigrantes abandonaron España e deixaron de acudir masivamente. Segundo datos do INC, a taxa de natalidade no 2014 era de 9,1 x 1000. As previsións indican que a taxa seguirá diminuíndo. A Mortalidade: Distinguimos entre mortalidade xeral e infantil. Mortalidade Xeral: É o número de mortes nun ano, expresado en tantos x 1000. Mortalidade Infantil: Exprésase na taxa de mortalidade infantil, que é o número de nenos menores dun ano co total de nados vivos nun ano. A mortalidade ao longo do s. XX descendeu; no 2014, a taxa de mortalidade era de 8,4 x 1000. Entre as causas destacan enfermidades e accidentes. A taxa de mortalidade infantil é de 2,8 x 1000, taxa do nivel dos países avanzados. A Fecundidade: Mídese na taxa de fecundidade, que é o número de nacementos rexistrados nun ano en mulleres de 15-49 anos. A media está en 1,2. Para que a poboación se manteña estable, unha xeración sexa relevada pola seguinte, sería necesaria unha taxa de 2,1 fillos por muller. B) Desequilibrios Territoriais do Movemento Natural da Poboación: Existen diferencias entre as comunidades autónomas, sobre todo na estrutura por idades e grao de xuventude (envellecemento da poboación). Esta estrutura depende de causas herdadas e actuais. Causas Herdadas: Son o distinto comportamento tradicional da natalidade e as diferencias de desenvolvemento económico, causantes das migracións. Debido a isto, nas zonas migratorias descende a natalidade e aumenta a mortalidade, resultando en poboación envellecida; nas zonas ás que emigran, pasa o contrario. - Diferencias entre as Comunidades Autónomas: As que teñen unha estrutura demográfica máis nova e un crecemento máis elevado son: Andalucía, Murcia, Madrid, Valencia, Baleares, Ceuta e Melilla. Pola contra, as comunidades en declive demográfico, cun crecemento natural máis baixo, son as que sufriron unha intensa inmigración: Galicia e comunidades do interior. E as que tiveron unha crise industrial no 1975: Asturias, Cantabria e País Vasco.

Descargar

PDF Word HTML