Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Xeografía

Conceptos clave: Comisión Europea, movementos antiglobalización e máis

Xeografía4,15 KB

Comisión Europea

É unha das principais institucións da Unión Europea (UE), equivalente ao seu poder executivo, e que representa e defende os intereses desta no seu conxunto. Elabora o orzamento, propón nova lexislación, asegura o cumprimento dos tratados e dos acordos, a posta en práctica das políticas comunitarias e o uso dos fondos europeos. Está composto por 28 membros, un por cada Estado da UE, que se ocupan dun ámbito específico. O seu presidente é proposto polo Consello Europeo e elixido polo Parlamento Europeo para un mandato de cinco anos.

Movementos antiglobalización

É un amplo conxunto de movementos sociais formado por activistas provenientes de distintas correntes políticas, que a finais do século XX converxeron na crítica...

Seguir lendo "Conceptos clave: Comisión Europea, movementos antiglobalización e máis" »

A urbanización e a organización do espazo urbano

Xeografía2,66 KB

Un mundo de cidades:

A cidade: Podemos diferenciar dous conceptos: espazo urbano (é o territorio que ten densidades de poboación de 150 hab./km² e no que predominan os usos artificiais do solo) e a cidade (é un tipo de localidade que se encontra no espazo urbano e que se diferencia por ter: un elevado número de habitantes nun espazo pequeno, predominio do uso artificial do solo e un estatuto administrativo de cidade). A función principal da cidade é residencial, pero tamén ten outras como: comercial, industrial, político-administrativa, cultural, turística e relixiosa. A estrutura interna da cidade divide-se em: bairros residenciais, áreas comerciais, o centro, zonas dedicadas ao transporte, polígonos industriais e serviços. Além...

Seguir lendo "A urbanización e a organización do espazo urbano" »

O Desenvolvemento Económico en España (1959-1975): Planificación e "Milagre Español"

Xeografía5,49 KB

Obxectivos do Plan de Estabilización de 1959

Os obxectivos do Plan de Estabilización de 1959 eran os seguintes:

  • Cortar a inflación e sanear as contas exteriores: limitar o gasto do sector público, elevar os tipos de interese, frear as importacións especulativas, liberalizar o comercio exterior, frear a demanda, estabilizar prezos e liberalizar as importacións de capitais, entre outras medidas.
  • Establecer un modelo de economía de mercado semellante aos de Europa Occidental.

Impacto e Consecuencias do Plan de Estabilización

O Plan de Estabilización sentou as bases para o crecemento económico. Os seus efectos foron positivos:

  • Redución da demanda e da inflación, saneamento do comercio exterior..., pero a costa da conxelación salarial e un
...
Seguir lendo "O Desenvolvemento Económico en España (1959-1975): Planificación e "Milagre Español"" »

Demografía: Conceptos clave e indicadores

Xeografía3,12 KB

Demografía: Conceptos clave

Poboación activa

Conxunto de persoas que están en idade de traballar (entre 16 e 65 anos), tanto se están traballando (poboación activa ocupada) como se teñen intención manifesta de facelo (poboación activa desocupada ou parada, ben porque quedaron sen traballo ou ben porque están buscando o seu primeiro emprego).

Esperanza de vida

Índice demográfico que expresa o número de anos que se espera que viva unha persoa que nace nun determinado lugar. Varía segundo o sexo e o grao de desenvolvemento da zona. Actualmente, nos países desenvolvidos, pode superar os 80 anos, mentres que nos non desenvolvidos oscila en torno aos 40-45 anos. A fórmula para calculala é sumando os anos vividos por cada individuo e dividindo...

Seguir lendo "Demografía: Conceptos clave e indicadores" »

A Industria Galega no Contexto da Globalización e Deslocalización

Xeografía4,48 KB

A Industria Española no Contexto Global

O actual tecido industrial español estase a incorporar á globalización económica, de maneira que as nosas zonas industriais se configuran como puntos dunha rede de produción a nivel mundial. Esta rede caracterízase pola concentración de capital e de decisión en poucas empresas multinacionais, co que o papel da economía estatal se reduce. Numerosas decisións tómanse fóra de España.

Isto explica que, malia ser unha potencia industrial, España non teña un papel relevante na economía mundial.

Globalización e Deslocalización Industrial

Nunha economía globalizada, as empresas buscan a competitividade para aumentar a súa cota de mercado. Disto derívanse as causas da deslocalización:

  • A busca
...
Seguir lendo "A Industria Galega no Contexto da Globalización e Deslocalización" »

Guía Completa de Mapas: Proxeccións, Escalas e Tipos

Xeografía3,22 KB

Introdución á Cartografía: Que son os Mapas?

Os mapas son representacións gráficas e métricas dunha porción ou da totalidade da Terra. Os cartógrafos son as persoas expertas na realización de mapas.

Proxeccións Cartográficas: Representando a Terra

Para que os mapas fosen máis fieis á realidade, ideáronse varios tipos de proxeccións:

  • Proxección Cilíndrica

    É a máis común e sinxela. Imaxina que a Terra é un gran cilindro que se abre e se estende sobre unha mesa.

  • Proxección Plana (Azimutal)

    É útil para representar a metade da Terra, sobre todo os polos. Ten a vantaxe de mostrar con exactitude as distancias.

  • Proxección Cónica

    Consiste en mirar a Terra como se fose un cono que logo se abre para observalo. É a máis útil para representar

...
Seguir lendo "Guía Completa de Mapas: Proxeccións, Escalas e Tipos" »

Xeografía e Demografía: Conceptos Clave de Ordenación Territorial en Galicia

Xeografía3,04 KB

Glosario de Conceptos Clave de Xeografía e Demografía

Esta sección recolle e define termos esenciais relacionados coa ordenación territorial, a demografía e a administración pública en Galicia e España.

1. Administración e División Territorial

Parroquia

Unidade básica da división territorial de Galicia, xeralmente asociada ás igrexas cristiás. Exemplo: Coruxo.

Provincia

Cada unha das grandes divisións de España, suxeita a unha autoridade administrativa que é a Deputación. Exemplo: Deputación de Pontevedra.

Municipio

Entidade territorial formada por un conxunto de habitantes dun mesmo termo xurisdiccional, administrados por un Concello. Exemplo: Ponteareas.

Comunidade Autónoma

Entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional...

Seguir lendo "Xeografía e Demografía: Conceptos Clave de Ordenación Territorial en Galicia" »

Análise Xeográfica: Hidrografía e Demografía en Galicia

Xeografía6,42 KB

Análise de Réximes Fluviais e Estruturas Demográficas

1. Análise Hidrográfica: Réxime Nivopluvial

A continuación, identifícanse os ríos mencionados:

  • A: Sil
  • B: Gállego
  • C: Llobregat
  • D: Júcar (Xúquer)
  • E: Guadalquivir

1.1. Descrición do Hidrograma

O documento presentado é un hidrograma (gráfico lineal) que reflicte a evolución do coeficiente de caudal dun río ao longo dun ano. No eixo horizontal reflíctense os meses do ano hidrolóxico (de aí a súa disposición de outubro a setembro) e no eixo vertical reflíctese a variación do coeficiente de caudal (K), que resulta de dividir o caudal medio de cada mes entre o caudal medio anual ou módulo.

No gráfico, o valor 1 corresponde ao caudal medio anual; un valor inferior a 1 indica augas...

Seguir lendo "Análise Xeográfica: Hidrografía e Demografía en Galicia" »

Axentes Urbanos e o Desenvolvemento das Cidades

Xeografía3,16 KB

As Cidades e os seus Servizos

As cidades son lugares onde se concentra a poboación e as súas actividades. Desempeñan unha serie de funcións básicas e concentran servizos esenciais. Na cidade coinciden os intereses (ás veces enfrontados) de moi diferentes axentes urbanos.

O Papel dos Concellos

A tarefa dos Concellos, a través do urbanismo e dos Plans Urbanísticos, é servir de marco para consensuar eses intereses diverxentes, mediante propostas que pretenden solucionar os problemas actuais da cidade e formular a súa evolución futura.

Principais Axentes Urbanos

Os Propietarios Urbanos de Solo Urbano

Cando os propietarios de solo optan por construír edificios (vivendas, locais de servizos, naves industriais...) convértense, ademais, en promotores...

Seguir lendo "Axentes Urbanos e o Desenvolvemento das Cidades" »

Vocabulario de Demografía: Conceptos Clave

Xeografía2,7 KB

Saldo Migratorio

Resultado de poñer en relación a inmigración e a emigración nun determinado territorio. O saldo migratorio é positivo cando o número de inmigrantes é superior ao de emigrantes, e negativo cando a emigración supera a inmigración.

Censo de Poboación

É un documento no que se reconta a poboación dun país nun momento determinado, apórtanos información sobre o volume de poboación dun lugar, a súa composición por sexo e por idades, estado civil, tamaño da familia, nivel de estudos, renda, etc.

Esperanza de Vida

Número medio de anos que unha persoa ao nacer espera vivir, supoñendo que as condicións de mortalidade permanezan constantes.

Réxime Demográfico

Período correspondente ao modelo de transición demográfica...

Seguir lendo "Vocabulario de Demografía: Conceptos Clave" »