Evolución xeolóxica da Península Ibérica e unidades morfoestruturais
Evolución xeolóxica da Península Ibérica
Era Arcaica
Emerxeu do mar unha banda arqueada de noroeste a sueste, formada por lousas e gneis, que comprendía case toda a actual Galicia. Xurdiron tamén elevacións. O macizo foi arrasado pola erosión e cuberto polos mares paleozoicos.
Era Primaria
Ocorreu a oroxénese herciniana. Dos mares xurdiron as cordilleiras hercinianas, formadas por materiais como granito, lousa e cuarcita. Ao oeste elevouse o Macizo Hespérico. No noroeste os macizos de Aquitania, Catalano-Balear e do Ebro. No sueste o macizo Bético-Rifeño. Todos arrasados pola erosión.
Era Secundaria
Período no que predominan a erosión e a sedimentación. A inclinación do zócolo cara ao Mediterráneo permitiu unha fonda penetración...