A Restauración Borbónica en España: Política, Quenda e Fraude
Tras rematar a Primeira República triunfan as ideas de Cánovas del Castillo mediante o Manifesto de Sandhurst polo que se restaura, en España, unha monarquía nas mans da dinastía dos Borbóns protagonizada por Alfonso XII, fillo de Isabel II. Neste período chamado Restauración Borbónica son coñecidas tres etapas: o reinado de Alfonso XII (1875-85), a rexencia de María Cristina de Habsburgo (1885-1902) e o reinado constitucional de Alfonso XIII (1902-23).
Cánovas, nomeado polo rei presidente de Goberno, leva a cabo unha reforma política para crear un novo réxime acorde aos seus principios (era liberal conservador) e volver a implantar un réxime oligárquico. España regresa a un modelo de monarquía constitucional doutrinaria conservadora....