Composición Celular: Orgánulos e Funcións

Bioloxía3,1 KB

Catabolismo

Consiste na transformación de substancias orgánicas complexas, ricas en enerxía, en compostos máis pequenos e simples. Obtense enerxía que é utilizada para sintetizar novas moléculas para a reprodución ou para o propio funcionamento celular.

Anabolismo

Reaccións de tipo construtivo. Convirten as substancias pequenas e simples en substancias orgánicas complexas propias da célula, que utiliza para medrar e para repoñer estruturas danadas ou perdidas. É necesario utilizar enerxía.

Nucléolo

Estrutura que se observa como unha masa esférica e densa formada por ARN e proteínas. Só é visible cando a célula non se está dividindo. Nunha célula pode haber un ou varios nucléolos.

Nucleoplasma

Medio fluído do interior do núcleo.

Cromatina

Conxunto de fibras de ADN unidas a proteínas que constitúen o material xenético da célula. Ao condensarse na división celular forman os cromosomas.

Mitocondria

É un orgánulo ovalado cunha dobre membrana: a externa é lisa e a interna está repregada cara ao interior formando as cristas mitocondriais. Nela, mediante o proceso da respiración celular, obtense a maior parte da enerxía da célula.

Vesículas

Son sacos de pequeno tamaño que almacenan, transportan ou dirixen distintas substancias celulares. Os lisosomas son vesículas membranosas redondeadas que se forman no aparato de Golgi e conteñen enzimas hidrolíticos que participan na dixestión intracelular de substancias.

Retículo Endoplasmático

É un conxunto de sáculos e canles membranosas conectadas entre si. Poden ser de dous tipos:

  • Retículo Endoplasmático rugoso: está conectado coa envoltura nuclear e leva asociados ribosomas. Participa na síntese e no transporte de proteínas cara ao aparato de Golgi.
  • Retículo Endoplasmático liso: non leva ribosomas asociados e nel prodúcese a síntese dos lípidos.

Aparato de Golgi

É un conxunto de sacos membranosos aplanados e amoreados conectados entre si. Neles almacénanse e procésanse substancias transferidas desde o retículo. Do aparato de Golgi emítense vesículas de secreción que conteñen produtos que se verten ao exterior.

Ribosomas

Son partículas non membranosas formadas por ARN e proteínas. Poden estar libres no citoplasma ou adheridos ao retículo endoplasmático rugoso. Realizan a síntese de proteínas.

Centrosoma

Está constituído por dous cilindros formados por microtúbulos proteicos chamados centríolos. Dispóñense os dous de forma perpendicular e están rodeados doutros microtúbulos que forman o áster. Participa na organización do citoesqueleto, na motilidade celular e na formación do fuso mitótico cando a célula se vai dividir.

Cilios e Flaxelos

Son prolongacións citoplasmáticas que interveñen no movemento celular. Teñen unha estrutura interna semellante, pero os cilios son curtos e abundantes, e os flaxelos son longos, e unha célula adoita presentar un ou dous.

Descargar

PDF Word HTML