Evolución demográfica en España desde 1861 hasta la actualidad
Comentarios
Gráficas de transición demográfica: - O gráfico podemos dividi-lo en tres etapas ou réximes demográficos polos que pasou.
R.D. Antigo (1861-1900)
A natalidade era moi alta (valores entre 40%) causado pola inexistencia de métodos anticonceptivos eficaces e unha mentalidade influída por ideas relixiosas e a estrutura familiar social.
A mortalidade era moi elevada e oscilante (27%) debido aos poucos avances na medicina e a falta de hixiene. A maior parte da poboación dependía do campo, condicionada polas colleitas e a guerra. O crecemento natural, apesar dos altos valores de natalidade, era baixo.
R.D. Transición
A natalidade comeza con valores altos e remata con valores baixos. A natalidade descendeu debido ao cambio que se produciu na economía española. Deuse casos de gripe e a Guerra Civil. Nos 60 produciuse unha recuperación demográfica. A mortalidade descendeu debido ás melloras de condicións de vida e as melloras no campo e emprego. A mortalidade foi catastrófica coa gripe española e a Guerra Civil. Prodúcese un maior crecemento da poboación española, especialmente durante o baby boom dos 60.
R.D. Actual (1975-act.)
A natalidade, durante o 1975-90, a crise do petróleo provocou e levou a taxas de paro elevadas, unida ao cambio de mentalidade, provocou un descenso. Na etapa de prosperidade económica (entrada UE) e a chegada masiva de emigrantes con hábitos natalicios máis elevados. A mortalidade mantense en niveis moi baixos, aínda que crecen enfermidades relacionadas co envellecemento. O crecemento natural é moi baixo e incluso chega a ser negativo.
Taxas:
Densidade de poboación: nº habitantes / superficie (km2) é unha densidade baixa que aumenta na costa e diminúe no interior.
Taxa de Natalidade: nados x 1000 / pob. total. Taxa moi baixa, problema demográfico.
Taxa de fecundidade: nados x 35 / mulleres en idade fértil. Para que unha poboación se replacen necesítanse 2.1 fillos.
Taxa de Mortalidade: defuncións x 1000 / pob. total. Taxa baixa pero en aumento.
Taxa de Mortalidade Infantil: defuncións (0-1 anos) x 1000 / nados vivos. Taxa moi baixa debido ás boas condicións de vida.
Crecemento Natural ou Saldo vexetativo: - Absoluto: nados - falecidos. - Relativo: - taxa natalidade - taxa mortalidade. Crecemento negativo, grave problema demográfico.
Saldo migratorio: inmigrantes - emigrantes.
Crecemento Real: crecemento natural + saldo migratorio, positivo grazas á chegada de inmigrantes.