Ensaio na Diáspora Galega
-
Castelao publicou na Arxentina Sempre en Galiza, un ensaio marcado pola súa condición de desterrado ou exiliado. Ademais, nesta obra hai datos sobre a historia de Galicia, reflexións e a exposición das reivindicacións básicas do galeguismo.
-
Luis Seoane escribiu varios estudos sobre a arte galega, como Textos encol da arte galega ou Textos sobre a arte galega e o deseño.
-
Lois Tobío Fernández, fundador do SEG, membro do Partido Galeguista e diplomático republicano.
Teatro na Diáspora Galega
Tipos de Teatro na Diáspora
-
Teatro popular: Herdeiro do teatro do primeiro terzo do século. Procura espertar emocións no espectador, cunha ambientación rural e costumista. Caracterizado por un humor ordinario e elementos de crítica social aos privilexiados. O principal representante é Varela Buxán, con obras como Taberna sen dono ou O ferreiro de Santán, que fan referencia a oficios propios do lugar e remiten a localidades concretas.
-
Teatro culto: Apela á razón e introduce elementos vangardistas nunha posta en escena renovadora.
Autores Destacados do Teatro na Diáspora
Alfonso R. Castelao
Os vellos non deben de namorarse, obra caracterizada por unha simetría estrutural, referencias á tradición, crítica ao poder do diñeiro e ás desigualdades sociais que isto ten como consecuencia, e unha temática relacionada co amor e a morte.Eduardo Blanco Amor
Destacamos dous volumes principais: Farsas para títeres e Teatro prá xente.- O primeiro, dentro do teatro culto, comprende obras non realistas, moi imaxinativas, cun ritmo rápido, con elementos fantásticos e satíricos, pensadas para un público culto e transmitindo ideas progresistas.
- O segundo podemos consideralo teatro popular, principalmente costumista, aínda que non tan ordinario como o de Varela Buxán.
Por último, destacamos a peza Proceso en Jacobusland, onde fai referencia a un xuízo durante a ditadura e como se emprega a xustiza para fins políticos.Luis Seoane
Con obras como A soldadeira, que remite á Revolución Irmandiña, tendo, por tanto, unha temática social e histórica.