Os movementos migratorios en España
Os movementos migratorios españois clasifícanse en: migracións transoceánicas históricas, ata mediados do século XX, cuxo destino foron países de América Latina, migracións modernas, desde finais dos 50, que foron migracións interiores de campo a cidade e exteriores cara Europa Central. Estas migracións laborais finalizan nos anos 70 coa crise do petróleo.
Recuperación económica e novos fluxos migratorios
Coa recuperación económica dos anos 80 reactívanse os fluxos. Destaca un modelo migratorio interior novo en que migracións interprovinciais perden importancia fronte as intraprovinciais. O crecemento das principais cidades desborda e trasládanse aos municipios veciños que experimentan un maior crecemento demográfico pola inmigración de poboación nova. Este proceso é posible a causa da confluencia dun conxunto de factores técnicos, económicos, culturais e ambientais.
Emigración exterior e crise económica
Desde 1975 a emigración exterior ten un volume reducido con motivacións laborais ou de formación. Desde 2008 a crise económica incrementou a emigración exterior. Os emigrantes procedente maioritariamente dos núcleos urbanos cara países coma Reino Unido, Alemaña e Francia. Son xente nova con boa cualificación en profesión con demanda externa, moi afectadas pola crise ou polos recortes presupostarios. A emigración cara América Latina creceu menos. Unha das consecuencias negativas desta emigración e a perda de poboación nova con boa formación.
Transformación de España a país receptor de inmigración
A partir de finais do século XX o desenvolvemento económico transformou España dun país tradicionalmente emigrante a un país receptor de inmigración.
- Durante a primeira fase (anos 80) a maior parte de estranxeiros residentes en España procedían de occidente e do centro e norte de Europa. Ademais existía unha colonia crecente de marroquís en busca de traballo.
- Durante a década de 1990 chegaron a España numerosos emigrantes. O número de estranxeiros pasou de menos de 500000 persoas en 1995 a 5,2 millóns en 2008. Procedían maioritariamente de Europa do Leste, así como latinoamericanos, asiáticos e norteafricanos.
- Os estranxeiros concéntranse nas áreas máis dinámicas do territorio español, é dicir, onde hai máis existe un importante número de estranxeiros en áreas rurais de agricultura intensiva. A súa localización está moi relacionada co traballo que desempeñan. Os inmigrantes ocupan traballos non cubertos por poboación española polo que non hai propiamente unha situación de competencia.
- Dende 2008, a crise económica e o desemprego provocou a diminución das entradas de estranxeiros e o retorno de inmigrantes ao países de orixe. Outro motivo é o aumento da nacionalización. A cifra de inmigrantes estranxeiros comeza a reducirse a partir de 2011 e volve subir en 2015.
- Os inmigrantes estranxeiros contribuíron ao crecemento demográfico e económico de España nos últimos tempos. Ademais, a súa chegada freou o avellentamento da poboación, xa que presentaban taxas de natalidade superiores. Este feito é importante dende o punto de vista de mantemento das pensións e Seguridade Social.