Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Secundaria

Emigración e Inmigración en España: Historia e Impacto Social

Xeografía3,22 KB

Emigración Española: Unha Visión Histórica

España foi tradicionalmente un país de emigrantes. No século XIX, a emigración dirixiuse principalmente cara a América Latina. As causas fundamentais foron a pobreza do país e a inestabilidade política, agravadas pola Guerra Civil (1936-1939) que deu paso á ditadura de Francisco Franco.

A mediados do século XX, os emigrantes españois buscaron oportunidades en países industrializados de Europa como Alemaña, Francia, Suíza e Bélxica. Entre 1959 e 1973, aproximadamente un millón de españois emigraron a estes países. A maior parte procedía de Andalucía, Galicia, Estremadura e Castela e León. A emigración freou en 1973 coa crise económica en Europa, e moitos retornaron a España....

Seguir lendo "Emigración e Inmigración en España: Historia e Impacto Social" »

Factores do Ecosistema: Abióticos e Bióticos en Galego

Bioloxía2,69 KB

Factores que Interveñen no Ecosistema

A presenza de individuos dunha especie nalgunhas zonas vese impedida ou favorecida por certos factores.

Factores Abióticos: Características Físico-Químicas

Son as características físico-químicas do medio que inflúen nos seres vivos, como:

  • Luz solar
  • Temperatura
  • Humidade
  • Composición química do medio
  • Densidade
  • Composición e estrutura do substrato

Factores Bióticos: Relacións entre Seres Vivos

Son os que inflúen na distribución e na abundancia dos seres vivos debido ás súas relacións con outros individuos da súa mesma especie ou doutra especie diferente.

Relacións Intraespecíficas (entre membros da mesma especie)

  • Relacións de Competencia

    Individuos dunha poboación rivalizan por un privilexio.

    • Territorial:
...
Seguir lendo "Factores do Ecosistema: Abióticos e Bióticos en Galego" »

Xeración do 36 e Poesía Galega: Autores e Obras Clave

Outras linguas estranxeiras4,02 KB

Xeración do 36

Comeza con Cómaros verdes de Aquilino Iglesia Alvariño. Escribiu unha poesía cunha paisaxe humanizada con temáticas como a soidade, o paso do tempo e a morte. De día a día, Lanza de soedá e Nenias. Xosé María Díaz Castro escribiu só Nimbos, obra na que ten temas como o amor, a morte, a vida. Escribiu o poema Penélope. Tamén destaca Luis Pimentel con Triscos, Sombra do aire na herba. Caracterízase por ser pesimista.

Promoción de Enlace

Naceron arredor dos anos 20. Os máis importantes foron: Antonio Tovar conxugou intención social con intimismo nos libros Arredores, Non, Calados esconxuros, Berros en voz baixa, A nada destemida e Cadáver adiado. Manuel Cuña Novás destaca co poemario Fabulario novo, adaptando o...

Seguir lendo "Xeración do 36 e Poesía Galega: Autores e Obras Clave" »

Mutacións Xenéticas e Enfermidades Xenéticas

Bioloxía2,48 KB

MUTACIÓN XENÉTICA

Son alteracións no mat xenético que teñen consecuencias negativas, positivas ou inocuas. Débense a erros na replicación ou reparticións anómalas nas divisións celulares.

Mutacións Cromosómicas

Afectan a fragmentos cromosómicos ou cromosomas enteiros

Mutacións Estructurais:

  • Deleción: perda dun fragmento
  • Inversión: cambio de sentido de fragmentos cromosómicos
  • Translocación: escinde un segmento que se intercambia co fragmento cromosómico non homólogo
  • Mutacións Numéricas: afectan ao número normal de cromosomas dunha especie
  • Haploidía: número de cromosomas coincide co número de gametos
  • Poliploidía: máis de 2 xogos cromosómicos
  • Monosomía: falta un cromosoma dunha parella homóloga

Mutacións Xénicas

Son alteracións

...

Seguir lendo "Mutacións Xenéticas e Enfermidades Xenéticas" »

Análise do Mercado de Traballo: Produtividade e Salarios

Economía2,44 KB

Produtividade Marxinal do Traballo

A produtividade marxinal do traballo é o incremento que se obtén na produción como consecuencia da incorporación dun novo traballador.

Os Salarios e a Mellora da Produtividade

A produtividade do factor traballo depende non só do capital humano, senón tamén da calidade dos bens de produción dispoñibles e dos avances tecnolóxicos. Unha mellor formación dos traballadores, xunto coa mellora dos equipos produtivos e o progreso tecnolóxico, posibilitaron un enorme impulso da produtividade do traballo nos países desenvolvidos nas últimas décadas.

Que é o Capital Humano?

O capital humano refírese á formación e experiencia dunha persoa, empresa ou un país.

Imperfeccións do Mercado de Traballo

Nos mercados...

Seguir lendo "Análise do Mercado de Traballo: Produtividade e Salarios" »

O Mercado de Traballo: Compoñentes, Oferta e Demanda

Economía2,58 KB

O mercado de traballo e os seus compoñentes

Traballo: é a achega, tanto física coma intelectual, que realiza o ser humano para contribuír á produción de bens e servizos. O salario é a remuneración que reciben os traballadores pola súa achega á produción.

Quen é quen no mercado de traballo

Neste mercado, o papel das empresas e das economías domésticas é o inverso ao que teñen nos mercados de bens e servizos. No mercado de bens, ofértannos as empresas e demándannos as familias; no mercado de traballo, son as empresas as que demandan traballadores, e as familias as que ofrecen o seu traballo.

Debemos distinguir como se clasifica a poboación en función do seu acceso ao traballo:

  • Poboación de 16 ou máis anos: poboación total que
...
Seguir lendo "O Mercado de Traballo: Compoñentes, Oferta e Demanda" »

Sociedades Urbanas e Clase Obreira: Condicións Laborais no S. XIX

Ciencias sociais2,31 KB

Sociedades Urbanas

Tipo de sociedade con éxodo rural en zonas desenvoltas e industrializadas. Dábanse en lugares economicamente activos de R.U., Holanda, Francia, Alemaña e norte de Italia. Predominaban os tres grupos de sociedade de clases: burguesía industrial, clases medias e a maioría de proletariado asalariado.

Formación da Clase Obreira

A introdución da máquina é a orixe disto (C.O.). Dentro do proletariado existía xente con diversas orixes: uns viñan do campesiñado, sen ser xa necesarios debido ás novas máquinas ou á perda de terras; outros eran empregados do sistema de traballo a domicilio, e os restantes eran artesáns dos gremios que pecharan. As máquinas prescinden de pericia e abaratan a man de obra contratada, o que...

Seguir lendo "Sociedades Urbanas e Clase Obreira: Condicións Laborais no S. XIX" »

Guía Completa de Financiamento Empresarial en Galego

Economía3,71 KB

Guía Completa de Financiamento Empresarial

O financiamento é crucial para o desenvolvemento e a supervivencia de calquera empresa. Comprender as súas fontes e características é fundamental para unha xestión económica eficiente. A continuación, detallamos as principais formas de financiamento empresarial:

1. Fondos Propios

Os fondos propios son os recursos que non teñen que ser devoltos a ninguén, xa que son propiedade da empresa. Forman o patrimonio neto e inclúen:

  • O capital achegado polos socios á empresa.
  • O autofinanciamento ou recursos xerados pola propia empresa, como os beneficios que non se reparten entre os socios.

2. Fondos Alleos ou Débedas

Os fondos alleos son fondos prestados ás empresas por terceiros e que teñen que ser...

Seguir lendo "Guía Completa de Financiamento Empresarial en Galego" »

Literatura Galega do Século XX: Irmandades da Fala e Grupo Nós

Outras linguas estranxeiras3,02 KB

Literatura Galega do Século XX

As Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala foron unha cooperativa de pensadores e escritores que promoveron o nacionalismo galego, desenvolvendo importantes actividades culturais e políticas en Galicia.

Fundadas o 18 de maio de 1916, a xuntanza inicial foi convocada por Antón Vilar Ponte. Os seus obxectivos principais eran defender, exaltar e fomentar a lingua galega. O seu xornal voceiro, A Nosa Terra, creouse o 14 de novembro de 1916.

Entre as súas primeiras accións destacaron:

  • A elaboración dun manifesto.
  • A defensa da igualdade de dereitos para a muller.
  • A garantía de que o pobo galego puidese expresarse libremente nas eleccións.

No seu programa político, os obxectivos incluían a cooficialidade do galego...

Seguir lendo "Literatura Galega do Século XX: Irmandades da Fala e Grupo Nós" »

Crise do Sexenio Democrático: Reinado de Amadeo I e Primeira República Española

Historia3,07 KB

O século XIX en España

Para o historiador, abordar o século XIX é unha tarefa moi difícil, pero grazas a estes textos podemos comprender moito mellor o momento histórico que se deu nesta etapa. Caracterizouse pola expulsión dos Borbóns do trono de España e a instauración da monarquía democrática de Amadeo I de Savoia. Debido ás grandes dificultades deste sistema político, instaurouse a Primeira República.

Reinado de Amadeo I (1871-1873)

Amadeo de Savoia aceptou a Coroa e xurou a Constitución en 1871. Tivo escasos apoios en España: non o querían nin a aristocracia, nin a Igrexa, nin o pobo en xeral, nin os carlistas, afonsinos e republicanos. Isto, xunto coa morte do xeneral Prim, o seu principal valedor, provocou unha gran inestabilidade

...

Seguir lendo "Crise do Sexenio Democrático: Reinado de Amadeo I e Primeira República Española" »