Modelo Posfordista, Globalización e Servizos: Análise Detallada

Economía3,28 KB

O Modelo Posfordista e a Globalización

A partir de 1970, tras a crise do petróleo, naceu o modelo posfordista, que se basea en:

  • O desenvolvemento de novas tecnoloxías e industrias.
  • A satisfacción dos gustos individuais de cada consumidor.
  • Un sistema de produción flexible, automatizado e especializado.
  • A incorporación dos países emerxentes ao desenvolvemento industrial.

A Importancia da Investigación

Dúas innovacións supuxeron unha revolución: a procura de novos materiais para as industrias tradicionais e o desenvolvemento da nanotecnoloxía.

A Descentralización da Produción

A globalización da economía é o contexto en que se desenvolve a actividade industrial actual. A descentralización produtiva consiste en desprenderse dalgunha fase da produción ou dalgunha actividade da empresa. Pódese realizar de 3 xeitos:

  • Unha empresa pode localizar as distintas fases da produción industrial en diferentes territorios.
  • Pode subcontratar outras empresas especializadas.
  • Pode alcanzar acordos de cooperación con outras empresas.

A Automatización e a Terciarización da Industria

A empresa tende a utilizar sistemas automáticos de produción. Isto ten importantes consecuencias: o emprego industrial redúcese e o emprego industrial mellora a calidade. Os servizos periféricos son básicos para o bo funcionamento empresarial. Unha multinacional é unha grande empresa que ten filiais ou establecementos noutros países.

A Importancia dos Servizos

Os servizos son as actividades que non producen bens materiais e que van destinadas a atender as necesidades das persoas e empresas.

Tipos de Servizos

  • Públicos: Financiados polo Estado co diñeiro que recada dos impostos.
  • Privados: Ofrecidos por empresas privadas ou persoas particulares e pagados polos consumidores.

A Deslocalización dos Servizos

Os servizos máis avanzados adoitan localizarse en grandes áreas metropolitanas formando distritos de negocios, mentres que os servizos públicos encóntranse máis dispersos polo territorio.

Servizos Financeiros

Os servizos financeiros reúnen todas as actividades e negocios que se dedican a xestionar diñeiro. O sistema financeiro dun país está formado por un conxunto de institucións e medios que poñen en contacto aos que ofrecen capital cos que o necesitan. Bancos e caixas de aforro encárganse de captar o diñeiro dos aforradores para prestalo a un xuro. Organismos supervisores como o Banco de España.

Comunicación

Comunicación interpersoal: que poñen en contacto unha persoa con outra e os medios de comunicación sociais que informan e comunican ao público en xeral.

Servizos Intensivos de Coñecemento

Como asesoramento fiscal e xurídico e servizos operativos: servizos de limpeza, seguridade.

Servizos Persoais

Son os que se ofrecen directamente a unha persoa ou a un grupo reducido para o seu uso e gozo persoal: servizo doméstico, asistencia á terceira idade, coidado en gardarías, servizos profesionais independentes de avogados, arquitectos, outros servizos como os que ofrecen os salóns de beleza, florarías, balnearios, etc.

Descargar

PDF Word HTML