Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Secundaria

Transformacións agrarias, artesanía e comercio no Antigo Réxime e século XVIII

Ciencias sociais2,78 KB

As transformacións agrarias

No Antigo Réxime a maior parte da poboación traballaba no campo, principalmente no cultivo de cereais, que nesta época constituían a base fundamental da alimentación.

As técnicas agrarias empregadas eran rudimentarias. Basicamente, consistían na rotación bienal ou trienal, deixando cada ano en barbeito a metade ou un terzo da terra. Por iso, os rendementos eran baixos.

Ademais, a maioría das terras eran señoríos en mans da nobreza e o clero, que lles cobraban numerosos impostos ou dereitos señoriais aos seus habitantes.

No século XVIII, a agricultura progresou. Así, difundíronse novos cultivos procedentes de América (millo, pataca...), que diversificaron a alimentación.

E implantáronse melloras técnicas...

Seguir lendo "Transformacións agrarias, artesanía e comercio no Antigo Réxime e século XVIII" »

A literatura nos séculos XVI, XVII e XVIII na Galiza

Lingua e literatura4,17 KB

A etiqueta 'Séculos Escuros'

O período entre a descoberta de América em 1492 e a Revolução Francesa em 1789 é conhecido historicamente como Idade Moderna. Do esplendor que a língua galega e a sua literatura desfrutaram durante a etapa medieval, passa-se, por circunstâncias sociais e políticas, a um período em que o Reino da Galiza, e com ele a sua língua própria, perdem o peso e a importância que tinham até então, especialmente após a ascensão ao trono dos Reis Católicos. A entrada nas camadas mais altas da sociedade de pessoas estrangeiras afins à Coroa provoca a introdução do castelhano na escrita e nos usos formais. O galego, apesar de ser o idioma maioritário, vai sendo relegado à oralidade e aos usos coloquiais, com...

Seguir lendo "A literatura nos séculos XVI, XVII e XVIII na Galiza" »

Eduardo Blanco Amor: Análise de 'A Esmorga', 'Os Biosbardos' e 'Xente ao Lonxe'

Outras linguas estranxeiras3,97 KB

A Esmorga (1959): Clásico da Literatura Galega

É a primeira obra de E. Blanco Amor publicada en plena madurez, e un clásico da literatura galega.

Estrutura e Narración

A obra iníciase cunha “documentación” onde o autor explica, empregando a primeira persoa (punto de vista), como chegou a obter a información do que se relata a continuación: os sucesos ocorridos durante un día de esmorga ao Castizo, ao Bocas e ao Milhomes (personaxes) e o seu tráxico remate (argumento).

O relato propiamente dito está formado polos cinco capítulos seguintes, que son unha transcrición das declaracións feitas por Cibrán, o Castizo, a un xuíz do que non se rexistran as intervencións (talvez para subliñar a falta de comunicación da xustiza, que...

Seguir lendo "Eduardo Blanco Amor: Análise de 'A Esmorga', 'Os Biosbardos' e 'Xente ao Lonxe'" »

Poesía galega: tradición e impacto na sociedade

Lingua e literatura640 bytes

Poesía de circunstancia na historia galega

Poesías anónimas sobre feitos históricos e sociais

Poemas sobre execuções e saqueos

Textos renacentistas e barrocos
Importância da obra de Frei Martiño Sarmiento

Explicación sobre as panxoliñas e a similitude léxica

Relato da execución de Pardo de Cela no s.XVI

Estremés famoso sobre a pesca no río Miño

Coloquio de 24 galegos rústicos de Frei Martiño Sarmiento

Estudos e reivindicações sobre a lingua galega

Terciarización da economía: impacto e diferenzas rexionais

Xeografía5,61 KB

Terciarización da economía

O sector terciario está composto polas actividades que ofrecen servizos á poboación e ás empresas. Traballadores deste sector son os que traballan, por exemplo, no instituto, no hospital, nas tendas, nos museos, nos bares ou na televisión. As actividades do sector terciario creceron con rapidez nas últimas décadas. Nalgúns países convertéronse nas máis importantes, tanto na súa achega á riqueza como na xeración de emprego. Este fenómeno coñécese como terciarización da economía e é propio das sociedades postindustriais. O proceso foi máis intenso nos países e rexións prósperos por unha serie de factores:

  1. O incremento dos ingresos e a mellora do nivel de vida. Canto máis alta é a renda das
...
Seguir lendo "Terciarización da economía: impacto e diferenzas rexionais" »

Historia da Lingua Galega: Represión e Recuperación

Lingua e literatura3,09 KB

O Galego baixo a Ditadura Franquista (1936-1950)

O 18 de xullo de 1936, a sublevación militar contra o lexítimo goberno da República marcou o inicio dunha guerra que finalizou en abril de 1939 coa instauración da ditadura franquista. Durante este período, levouse a cabo unha forte represión da lingua galega. Aínda que parte da poboación continuou tendo o galego como lingua habitual, o seu emprego reduciuse aos rexistros informais, xa que o castelán era a única lingua oficial.

A escola, a Igrexa e os medios de comunicación convertéronse en axentes castelanizadores. Intensificouse o proceso de desgaleguización e sectores da sociedade (especialmente a burguesía) adoptaron o castelán por consideralo un medio de ascenso social, mentres

...

Seguir lendo "Historia da Lingua Galega: Represión e Recuperación" »

Vocabulario Galego: Definicións e Sinónimos

Filosofía e ética4,18 KB

Vocabulario

A-C

  • Acenos: xestos.
  • Acenar: xesticular.
  • Inmerso: somerxido, metido.
  • Caluga: parte posterior do pescozo.
  • Cúspide: cume, lugar máis alto.

F-I

  • Faccións: partes e trazos da cara.
  • Transcendente: que ten importancia.
  • Desconfiado: receoso.
  • Aportadizo: esquivo.
  • Desgana: apatía.
  • Desazo: abatemento.
  • Imparcialidade: ecuanimidade.

R-X

  • Rancor: resentimento.
  • Xúbilo: felicidade.
  • Alborozo: felicidade.
  • Cólera: ira abundante.
  • Desasosego: intranquilidade.
  • Esotérica: propia e misteriosa.
  • Estrema: límite da leira.
  • Testo: maceta, tapa dunha pota, etc.
  • Exotérico: comprensible para todo o mundo; aquilo que se pode manifestar en público.
  • Mixto: anaco de madeira ou papel cuberto de cera que se emprega para prender o lume.
  • Veracidade: verosímil; que é verdadeiro.
  • Réximes
...
Seguir lendo "Vocabulario Galego: Definicións e Sinónimos" »

A Lingua Galega baixo o Franquismo: Resistencia e Recuperación

Castelán3,69 KB

A Lingua Galega baixo o Franquismo: Represión e Resistencia

O período da ditadura franquista (1939-1975) marcou un dos momentos máis difíciles para a lingua e cultura galegas. Un dos principais obxectivos do réxime foi a uniformización de todo o Estado español, convertendo o idioma castelán no único de uso público.

A Represión do Galego e a Resistencia Cultural

  • A ditadura franquista buscou a uniformización lingüística, impoñendo o castelán como única lingua de uso público.
  • Clausuráronse revistas e xornais emblemáticos como A Nosa Terra e Nós, pecháronse editoriais, partidos e asociacións.
  • Os principais defensores do idioma foron perseguidos, moitos asasinados e outros obrigados a exiliarse.

Fitos na Recuperación Cultural (

...
Seguir lendo "A Lingua Galega baixo o Franquismo: Resistencia e Recuperación" »

A formación da URSS: revolución rusa, Unión Soviética e ascenso de Stalin

Historia2,41 KB

A formación da URSS

La revolución rusa logrou sobrevivir á guerra civil e en 1921 estableceuse unha nova política económica NEP con obxectivo de reconstruír a economía mediante unha certa liberdade permitíndose aos agricultores cultivar e vender libremente. Autorizouse o comercio interior, admitiuse a propiedade privada e o Estado controlou os transportes, comercio exterior, banca e grandes empresas. Isto permitiu o crecemento da economía, enriquecendo comerciantes e campesiños.

A URSS

Nace a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (1922): federación de repúblicas, Estado plurinacional e multiétnico coa supremacía da República Rusa. En 1924 elaborouse unha Constitución: as repúblicas tiñan autonomía en política interna,...

Seguir lendo "A formación da URSS: revolución rusa, Unión Soviética e ascenso de Stalin" »

As Cidades Medievais: Características, Crecemento e Crise

Historia4,82 KB

Características das Cidades Medievais

As cidades medievais situábanse preto das principais vías de comunicación, como as antigas calzadas romanas. Tamén se localizaban preto de terras de cultivo, recursos acuáticos, forestais ou mineiros. Estaban rodeadas por murallas, e o interior era moi amontoado, cun plano urbano moi irregular.

Causas do Crecemento das Cidades

A finais do século XI, finalizan as invasións normandas de Europa e implántanse as dinastías normandas. Os pactos entre os señores feudais (Tregua de Deus) limitan a circulación de persoas e mercadorías. Así mesmo, introdúcense unha serie de innovacións técnicas que permiten un aumento da produtividade:

  • Novos métodos de cultivo (rotación trienal).
  • Novos instrumentos
...
Seguir lendo "As Cidades Medievais: Características, Crecemento e Crise" »