Ramón Otero Pedrayo: Vida, Obra e Contribución ao Rexurdimento Galego
Ramón Otero Pedrayo
Naceu nunha familia ourensá ligada á vella fidalguía rural. Vicente Risco e Florentino Cuevillas foron amigos seus desde a infancia. Remata o bacharelato e marcha a Madrid, onde realiza as carreiras de Dereito e Filosofía e Letras.
Volve a Ourense e reencontrase cos seus amigos. Coñecen ao líder das Irmandades da Fala, Antón Losada Diéguez, e xúntase ao nacionalismo. Desenvolve unha intensa vida literaria, política e científica. Colabora na revista Nós, dirixe a sección de Xeografía no Seminario de Estudos Galegos, e representa a Galicia como deputado nacionalista.
Durante a guerra foi expulsado da súa cátedra. Despois de estar exiliado no seu pazo de Trasalba, intenta recuperar o galeguismo cultural. Exerceu a docencia na Universidade de Santiago, deixando unha gran pegada nos mozos. Ata a súa morte recibe moitas homenaxes.
Produción Narrativa
As súas obras narrativas inclúen: Pantelas, Home Libre, O Purgatorio de Don Ramiro, Os Camiños da Vida, Arredor de Si, Contos do Caiño e da Rúa, A Romeiría de Xelmírez.
O Purgatorio de Don Ramiro
Entre os seus relatos destaca O Purgatorio de Don Ramiro. Trata con humor a temática de ultratumba: as peripecias dun esqueleto dun fidalgo. Segue as liñas iniciadas por Risco e Castelao.
Contos da Posguerra
Publicou só un volume de contos da posguerra: Contos do Camiño e da Rúa. Contén sete narracións melancólicas e humorísticas de personaxes da fidalguía.
Novela: Os Camiños da Vida
A primeira das súas novelas é Os Camiños da Vida, novela en tres volumes. Conta a historia de dúas casas fidalgas: os Doncos entran en crise e os Puga adáptanse aos cambios do tempo ata converterse en burguesía. Reconstrúe o momento de tránsito de Galicia.
Novela Psicolóxica: Arredor de Si
Arredor de Si é unha novela psicolóxica. Domina a evolución do protagonista sobre os personaxes secundarios ou a acción. O protagonista viaxa por Europa e volve a Galicia, á que pertence, sendo considerada como unha autobiografía de Pedrayo.
Novela Histórica: A Romeiría de Xelmírez
A Romeiría de Xelmírez é unha novela histórica de asunto medieval. Pedrayo fala de Santiago no século XII e de Galicia relacionada coa cultura europea.
Produción Ensaística
A súa produción ensaística inclúe Pelegrinaxes e Ensaio Histórico sobre a Cultura Galega. Nela atopamos estudos científicos, conferencias, guías, artigos...
Pelegrinaxes
O máis importante é Pelegrinaxes, onde con Risco e outros amigos van a pé desde Santiago ao santuario de Santo André de Teixido, falando da paisaxe e da vida.