Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Outras linguas estranxeiras

Variantes dialectais do galego e autores do Irmandades da Fala

Outras linguas estranxeiras3,18 KB

Variantes dialectais do galego

Occidental (A Coruña e Pontevedra): gheada, seseo total, irmán/a irmá, Plu -NS, TI, vocal temática analóxica -E, ditongo UI o grupo latino -ULT-: muito, Che+Te.

Central (parte da Coruña e Pontevedra, Lugo e Ourense): Non gheada, seseo implosivo, irmao/a irmá, Plu -S, TU, vocal temática analóxica -I-, ditongo OI o grupo latino -ULT-: moito, sufixo persoal -des na 2ª persoa do plural (cantades).

Oriental (Lugo e Ourense e León e Asturias): Non gheada + seseo, Plu -IS, TU, ditongo OI/UI/U o grupo latino -ULT-: moito, truita, luta/, conservación cuatro, sufixo -is na 2ª persoa do plural (cantais).

Irmandades da Fala: renovación literaria

Renovación estética, formal e temática. Promoveron o cultivo literario...

Seguir lendo "Variantes dialectais do galego e autores do Irmandades da Fala" »

Eduardo Pondal: Biografía, Obra e Estilo do Bardo Galego

Outras linguas estranxeiras2,81 KB

Eduardo Pondal: Biografía

Naceu nunha familia fidalga acomodada da comarca de Bergantiños, en Ponteceso. Considerado o poeta máis culto do Rexurdimento, debido á súa formación en cultura grecolatina e aos seus coñecementos que tiña doutras literaturas. Afirmaba que o pobo galego descendía fundamentalmente da etnia celta. Considerábase a el mesmo como o bardo de Galicia, unha especie de poeta-sacerdote destinado a cantar as glorias do pobo. A Eduardo Pondal chámaselle o vello bardo de Bergantiños.

Obra literaria

  • Queixumes dos pinos (1886): Libro de poemas que amplía e mellora tanto desde o punto de vista ideolóxico como artístico e lingüístico.
  • Rumores de los pinos (1877): O fío condutor é un personaxe, o bo bergantiñán, que
...
Seguir lendo "Eduardo Pondal: Biografía, Obra e Estilo do Bardo Galego" »

Rosalía de Castro: Biografía e Análise de Cantares e Follas Novas

Outras linguas estranxeiras2,77 KB

Rosalía de Castro: Figura Central do Rexurdimento

Rosalía de Castro é a figura máis importante do Rexurdimento e da literatura galega, pola súa calidade e recoñecemento popular. Naceu en Santiago de Compostela en 1837. Foi criada pola súa madriña, pasou a súa adolescencia en Santiago e en 1856 trasladouse a Madrid. Morreu en 1885 e os seus restos están no Panteón dos Galegos Ilustres.

Obra en Galego

Cantares Galegos (1863)

Primeiro libro escrito integramente en galego e publicado o 17 de maio de 1863. Ten dúas motivacións principais:

  • Compromiso coa xente de Galicia.
  • Intención de glosar coplas populares.
Temas en Cantares Galegos

O poemario aborda distintos temas:

  • Temática costumista-folclórica: Desenvólvese en poemas nos que se describen
...
Seguir lendo "Rosalía de Castro: Biografía e Análise de Cantares e Follas Novas" »

A Literatura Galega: Vangardas e Autores Clave do Século XX

Outras linguas estranxeiras3 KB

As vangardas son movementos artísticos que xorden no primeiro terzo do século XX en Europa e que pretenden a renovación artística. En literatura, danse esencialmente en poesía.

Características das Vangardas

  • Liberdade e orixinalidade creativa.
  • A arte é un fin en si mesma, polo tanto, rexeita calquera regra, sexa natural ou artística.
  • Renovación da linguaxe poética: verso libre, ausencia de puntuación, incorporación de léxico técnico.

Hilozoísmo

A temática é a Natureza, que se presenta humanizada mediante personificacións, pero con métrica e rima tradicionais. Recorre tamén a elementos sonoros e visuais.

Neotrobadorismo

Utiliza elementos das cantigas medievais xunto con imaxes vangardistas.

Vangarda Plena

Pretende rachar cos clásicos...

Seguir lendo "A Literatura Galega: Vangardas e Autores Clave do Século XX" »

Análise da Obra "Follas Novas" de Rosalía de Castro

Outras linguas estranxeiras2,51 KB

Contexto e Estrutura

Publicada en 1880, Follas Novas incorpora composicións que conforman o "Libro I. Vaguedás", constituíndo unha poética e reflexión da autora sobre si mesma e a súa propia obra. A obra comeza cunha dedicatoria de Rosalía agradecendo o apoio económico da Sociedade de Beneficencia dos galegos na Habana. Segue un prólogo escrito por Emilio Castelar e "Duas palabras da autora". Este prólogo aclara a intención do texto: ofrecer un mundo poético diferente ao de Cantares Gallegos, lonxe do seu vitalismo e sinxeleza, para introducirse nun lirismo existencial, de raízame intimista, escéptico respecto da utilidade da escrita e pesimista sobre a condición humana. Rosalía afirma a súa plena solidariedade coas xentes do...

Seguir lendo "Análise da Obra "Follas Novas" de Rosalía de Castro" »

Historia do Teatro Galego: Da Travesía no Deserto a Ribadavia (1950-1980)

Outras linguas estranxeiras3,39 KB

O Teatro Galego entre 1950 e 1965: A Travesía no Deserto

Do 50 ao 65 podemos falar dunha travesía no deserto. O teatro desta época estará concibido para ser lido máis que para ser representado.

Autores e Obras Clave (1950-1965)

Neste período destaca Álvaro Cunqueiro, un gran dramaturgo en potencia, pero con pouca obra teatral debido, como el mesmo recoñeceu, ás mínimas expectativas que había de ver representadas as súas pezas. A súa peza teatral máis coñecida é O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1959), onde retoma a temática shakespeareana.

Un dos autores máis prolíficos desta época é Ricardo Carballo Calero, encontrando na súa extensa produción obras de carácter realista, outras máis alegóricas, algunhas...

Seguir lendo "Historia do Teatro Galego: Da Travesía no Deserto a Ribadavia (1950-1980)" »

Poetas e Narradores Galegos no Exilio: Obras Principais

Outras linguas estranxeiras2,94 KB

A Poesía do Exilio

É unha poesía de forte denuncia social. Representantes: Luís Seoane, Lorenzo Varela e Emilio Pita.

Luís Seoane

É polifacético, destacou nas artes plásticas e na poesía. Publica Fardel de exiliado, Na brétema, Santiago, As cicatrices, A maior abondamento. Caracterízase pola denuncia social; os temas son a diáspora e a historia de Galicia na Idade Media, centrándose nas persoas humildes.

Lorenzo Varela

Dous poemarios, Catro poemas para catro gravados e Lonxe, contan a súa experiencia social no exilio e a saudade da terra.

Emilio Pita

O seu primeiro libro foi Jacobusland; trata da traxedia da Guerra Civil e a visión nostálxica da natureza galega. Máis tarde publica Cantigas de nenos, Os relembros, As cantigas e O ronsel

...
Seguir lendo "Poetas e Narradores Galegos no Exilio: Obras Principais" »

Literatura Galega: Autores e Movementos Principais

Outras linguas estranxeiras3,38 KB

Noriega Varela: Autor de Montañesas

Noriega Varela é autor dun único libro, Montañesas (1904). A súa temática pódese dividir en:

  • Costumismo ruralista: describe paisaxes, costumes e circunstancias da vida dos labregos.
  • Lirismo da natureza: canta os aspectos máis humildes da paisaxe.

Ramón Cabanillas: Poesía e Compromiso

Ramón Cabanillas naceu en Cambados (1876-1959). Os seus dous primeiros libros de poesía foron No desterro (1913) e Vento mareiro (1915). Participou activamente nas iniciativas políticas e culturais do seu tempo: Irmandades Galegas, Grupo Nós, Seminario de Estudos Galegos.

Clasificación da Poesía de Cabanillas

A poesía de Cabanillas clasifícase en:

a) Poesía Lírica

  • Poesía cívica: de carácter agrarista, anticaciquil
...
Seguir lendo "Literatura Galega: Autores e Movementos Principais" »

A poesía de vangarda en Galicia: características, autores e obras

Outras linguas estranxeiras3,39 KB

O nacemento do século XX supón para Galicia un cambio importante no eido literario. Prodúcese un movemento xeneralizado de modernización da nosa literatura a todos os niveis. A poesía non foi allea a este proceso. Así, a comezos do século prodúcense no ámbito poético, coa coñecida xeración do 25, os primeiros intentos de achegamento aos movementos de vangarda europeos e a superación da poesía feita no Rexurdimento. É o momento de publicación de revistas (Yunque, Alfar...), nas que se presentan as ideas vangardistas, e de obras de clara influencia surrealista ou creacionista. Tamén sae do prelo o primeiro manifesto poético galego, o manifesto Máis alá!

Movimento vangardista galego

O movemento vangardista galego non é tan rupturista...

Seguir lendo "A poesía de vangarda en Galicia: características, autores e obras" »

A Influencia de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal na Literatura Galega

Outras linguas estranxeiras3,55 KB

Rosalía de Castro: Defende a cultura e o idioma galego, así como os valores sociais galegos. Obras:

Cantares Gallegos (1863): son 36 poemas, nalgúns ela é a protagonista, pero en outros a maioría son personaxes populares e labregos. Leva un prólogo pedindo desculpas polos posibles defectos. Estructura da obra:
Prólogo con introdución e epílogo con despedida.
Poemas de temática folclórica e etnográfica.
Ten poemas de temática social e de temática intimista.
Follas Novas (1880): consta dun prólogo en prosa e 137 poemas agrupados en 5 apartados.
Os primeiros apartados son de lírica subxectiva e solitaria.
Os dous últimos teñen unha lírica solidaria e obxectiva.
O libro Varia é unha ponte entre os dous, pasando de subxectivismo a obxectivismo.
...
Seguir lendo "A Influencia de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal na Literatura Galega" »