Rosalía de Castro: Biografía e Análise de Cantares e Follas Novas
Rosalía de Castro: Figura Central do Rexurdimento
Rosalía de Castro é a figura máis importante do Rexurdimento e da literatura galega, pola súa calidade e recoñecemento popular. Naceu en Santiago de Compostela en 1837. Foi criada pola súa madriña, pasou a súa adolescencia en Santiago e en 1856 trasladouse a Madrid. Morreu en 1885 e os seus restos están no Panteón dos Galegos Ilustres.
Obra en Galego
Cantares Galegos (1863)
Primeiro libro escrito integramente en galego e publicado o 17 de maio de 1863. Ten dúas motivacións principais:
- Compromiso coa xente de Galicia.
- Intención de glosar coplas populares.
Temas en Cantares Galegos
O poemario aborda distintos temas:
- Temática costumista-folclórica: Desenvólvese en poemas nos que se describen tipos e costumes galegas.
- Temática amorosa: Muller ou home expón a súa coita amorosa.
- Temática intimista: Evoca saudade cara á súa terra.
- Temática de denuncia: Problemas sociais (emigración ou marxinación do país).
Formas e Estilística
Métrica
Versos de arte menor e rima asonante; emprega o verso de gaita galega ou ritmo de muiñeira.
Estilística
Uso de figuras retóricas baseadas na repetición e comparacións.
Estrutura
- O primeiro poema é unha invitación feita a unha moza.
- O seguinte poema é unha testemuña da moza ter feito o que se lle demanda.
- Polos seguintes pasan diversos suxeitos.
Recepción
Foi acollida con entusiasmo dentro de Galicia, proporcionándolle á autora unha notable fama no exterior, particularmente en Cataluña e Portugal.
Follas Novas (1880)
Último libro escrito integramente en galego.
Temas en Follas Novas
Este poemario vai desde o intimismo radical ata a denuncia social, desde o costumismo ata a angustia existencial. Ten dúas liñas claras:
- Liña continuadora: Poemas de inspiración popular.
- Liña renovadora: Temática existencial e visión subxectiva marcada pola saudade e o pesimismo.
Formas
Métrica
Novas formas máis atrevidas, combinando versos de distintas medidas e estrofas distintas.
Recursos Retóricos
Complexo sistema simbólico.
Estrutura
- Nos dous primeiros libros: Carácter intimista (subxectivo).
- Intermedio: Temas sociais e intimistas (Subxectivo e obxectivo).
Recepción
Valorada de forma pouco alentadora, claramente negativa na súa época.