A Influencia de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal na Literatura Galega
Rosalía de Castro: Defende a cultura e o idioma galego, así como os valores sociais galegos. Obras:
Cantares Gallegos (1863): son 36 poemas, nalgúns ela é a protagonista, pero en outros a maioría son personaxes populares e labregos. Leva un prólogo pedindo desculpas polos posibles defectos. Estructura da obra:
Prólogo con introdución e epílogo con despedida.
Poemas de temática folclórica e etnográfica.
Ten poemas de temática social e de temática intimista.
Follas Novas (1880): consta dun prólogo en prosa e 137 poemas agrupados en 5 apartados.
Os primeiros apartados son de lírica subxectiva e solitaria.
Os dous últimos teñen unha lírica solidaria e obxectiva.
O libro Varia é unha ponte entre os dous, pasando de subxectivismo a obxectivismo.
Vaguedas: son 20 poemas que reflexionan sobre a escritura feminina.
Do íntimo ten 36 poemas.
Varia ten 40 poemas.
Estilo: Emprega o galego falado na zona de Santiago e Padrón, con unha sintaxe sinxela, castelanismos, seseo e vulgarismos.
Na escola Rosaliana destacan:
Valentín Lamas Carvajal - O Tío Marcos da Portela.
Eduardo Pondal: Os primeiros poemas que escribiu estaban en español e eran de temática romántico-amorosa.
Queixume dos Pinos (1886): Son 91 composicións, das cales 89 son en galego e dous son bilingües. O tema da obra é a evocación do pasado celta e a exhortación aos galegos para a loita pola dignidade.
Contén o poema Os Pinos, que é a letra do himno galego.
Os Eoas: Canta a fazaña de Cristovo Colón e os mariñeiros galegos que o acompañaban. Cando morreu Pondal había numerosas versións das estrofas e varios investigadores intentaron darlle un orde, e recentemente publicouse a versión definitiva.
Celtismo: Cre que a base étnica dos galegos é o pobo celta.
Bardismo: Considerábase bardo, que eran sacerdotes-poetas celtas.
Iberismo: Soñaba cunha unidade ibérica na que Galicia tiña a ponte entre españois e lusos.
Machismo: Aparece a muller como presa de caza.
Lingua e Estilo de Pondal: Utilizaba rexistro culto, usaba adxectivos opostos, uso de epítetos e frases feitas, elementos naturais usados como símbolos...
Manuel Curros Enríquez: Ao principio escribiu moito en español, artigos, lendas e novelas. En 1877 presentouse ao Certame Literario de Ourense e Curros obtivo o primeiro premio con A Virxe de Cristal. A súa obra máis importante é Aires da miña Terra (1880): Son 32 poemas entre unha introdución que xustifica o emprego do galego e unha encomenda ao final. Os poemas agrúpanse en tres grupos:
Poemas sociais: que defenden as súas ideas progresistas, democráticas e galeguistas, e critican a sociedade do seu tempo.
Poemas intimistas: baseados en acontecementos persoais ou familiares.
Poemas costumistas: son tres poemas logo con influxo de Rosalía.
O Divino Sainete: Longo poema narrativo de carácter satírico-burlesco. Ten unha introdución e oito cantos.