Análise da Obra "Follas Novas" de Rosalía de Castro

Outras linguas estranxeiras2,51 KB

Contexto e Estrutura

Publicada en 1880, Follas Novas incorpora composicións que conforman o "Libro I. Vaguedás", constituíndo unha poética e reflexión da autora sobre si mesma e a súa propia obra. A obra comeza cunha dedicatoria de Rosalía agradecendo o apoio económico da Sociedade de Beneficencia dos galegos na Habana. Segue un prólogo escrito por Emilio Castelar e "Duas palabras da autora". Este prólogo aclara a intención do texto: ofrecer un mundo poético diferente ao de Cantares Gallegos, lonxe do seu vitalismo e sinxeleza, para introducirse nun lirismo existencial, de raízame intimista, escéptico respecto da utilidade da escrita e pesimista sobre a condición humana. Rosalía afirma a súa plena solidariedade coas xentes do pobo galego, especialmente coas mulleres. Aínda que o libro revela un estado de espírito dominado polo pesadume, Rosalía non se desentende do seu tempo nin da problemática do seu contorno, interiorizando as penas e sufrimentos alleos. O poemario inclúe cinco libros e 136 poemas breves, presentando a existencia humana na súa diversa problemática. A estrutura segue un proceso con dúas tendencias: intimista e social.

Temas

Visión Intimista

A desacougo e angustias do primeiro libro afóndanse, converténdose nunha postura máis radical. Os sentimentos de soidade e desamparo son constantes; o amor está condenado ao fracaso, unha ilusión que se destrúe co tempo. Nesta voz interiorizada, habitada pola angustia, dor e saudade, adquiren protagonismo o odio, o resentimento e a vergoña. O repouso identifícase coa morte, a única e certa realidade, onde residen enigmas e preguntas sen resposta. Fálese do suicidio como escapatoria. As oscilacións entre dubidas e crenzas revelan a conflictividade humana e un radical sentimento de saudade. En "Negra Sombra" exprésase simbolicamente a traxectoria espiritual ante a dor de vivir, dende a esperanza de escapar dela ata o convencemento de que é inseparable da vida.

Visión Social

Neste libro, abunda a situación da muller escritora, encaixada entre os límites da súa época. Rosalía foi consciente de que a súa traxectoria estaba á marxe das modas, o que lle ocasionou hostilidades e ofensas. A súa voz tamén se ocupou das "penas alleas", criticando as inxustizas e hipocresías sociais, aceptadas con resignación ou incitando á rebelión e á vinganza. Desenvolve o tema da emigración: o pobo, abafado pola miseria, vese abocado a ela, creando un país de orfos e viúvas.

Descargar

PDF Word HTML