Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Outras linguas estranxeiras

O Rexurdimento: Movemento de Recuperación Cultural

Outras linguas estranxeiras3,05 KB

Delimitación

O Rexurdimento, movemento de recuperación da cultura galega na segunda metade do século XIX, tivo as seguintes etapas:

  • Transición do Prerrexurdimento ao Rexurdimento: coincide cos Xogos Florais da Coruña de 1861.
  • Comezo do Rexurdimento: en 1863 coa publicación de Cantares gallegos.
  • Rexurdimento pleno: en 1880 coa publicación de Follas Novas, Aires da miña terra e Saudades gallegas.
  • Posrexurdimento: dende 1889 a 1914.

Causas

O Rexurdimento foi froito do Romanticismo, o Liberalismo e o Galeguismo, unha corrente ideolóxica resultado da confluencia dos dous anteriores en Galicia. O Galeguismo tivo as seguintes fases:

  • Provincialismo (1840-1865): defendía a integridade territorial de Galicia. Houbo un primeiro provincialismo que remata
...
Seguir lendo "O Rexurdimento: Movemento de Recuperación Cultural" »

Rosalía de Castro: Vida, Obra e Legado Literario Galego

Outras linguas estranxeiras3,31 KB

Rosalía de Castro: Biografía e Obra

Rosalía de Castro naceu en Compostela o 24 de febreiro de 1837. Aínda que viviu en Padrón, trasladouse a Santiago, onde levou a cabo a súa formación cultural. En 1856 residiu en Madrid, onde publicou o seu primeiro libro, La Flor (1857), e casou con Manuel Murguía. Nesta época datan o libro Cantares Gallegos e a maior parte das súas obras en castelán, nas que Rosalía non desaproveitou a ocasión para pronunciarse cunha voz crítica. Pouco antes de regresar a Galicia, escribiu en Simancas, onde Manuel fora nomeado director do Arquivo. Rosalía faleceu o 15 de xullo de 1885, aos 49 anos.

Cantares Gallegos: O Inicio do Rexurdimento

O 17 de maio de 1863, Rosalía asinou o seu primeiro libro de poesía...

Seguir lendo "Rosalía de Castro: Vida, Obra e Legado Literario Galego" »

Evolución da Literatura Galega: Desde a Posguerra ata a Actualidade

Outras linguas estranxeiras6,65 KB

O Teatro entre 1936-1976: Xeración dos anos 50 e Grupo Rivadavia

Xeración dos 50

Primeira xeración de posguerra / Xeración das Mostras do Teatro de Rivadavia.

  • Cunqueiro - renovación teatral: ``O incerto don Hamlet´´ e ``A noite vai como un río´´
  • Xenaro Mariñas del Valle: ``A serpe´´
  • Daniel Cortezón - temática histórica: ``Os irmandiños´´ e ``Pedro Madruga´´
  • Manuel María - varios autos: ``Auto do taberneiro´´, ``Auto do labrego´´ - obra de temática mitolóxica: ``Edipo´´ - teatro popular: ``Barriga verde´´

Grupo Rivadavia (Mostra de Teatro de Rivadavia e o Concurso de Teatro Abrente)

  • Manuel Lourenzo - o máis significativo: ``Romaría ás covas do demo´´
  • Euloxio Ruibal: ``Zardigot´´ - Estudo cinematográfico que explora
...
Seguir lendo "Evolución da Literatura Galega: Desde a Posguerra ata a Actualidade" »

Literatura Galega: Cantigas, Séculos Escuros e Prosa

Outras linguas estranxeiras2,04 KB

Clasificación e Temática das Cantigas

Clasificación

  • Narrativas: A cantiga relata unha historia na que o protagonista está en perigo ou debátese co pecado. A Virxe socórreo e, en consecuencia, a cantiga acaba con loanza e agradecementos á Virxe.
  • Líricas:
    • Cantigas influenciadas polas cantigas de amor.
    • Cantigas influenciadas polas cancións e polos himnos cristiáns.

Temática

  • a) Milagres nos que a Virxe auxilia e consola enfermos.
  • b) Milagres que critican os pecados e vicios.
  • c) Milagres que fan "propaganda" de determinados santuarios.
  • d) Cantigas onde aparecen festas dedicadas á Virxe.
  • e) Cantigas que tratan de misterios do cristianismo.

Literatura Galega nos Séculos Escuros

Literatura Culta

  • Dous sonetos dedicados á morte da raíña Margarida de
...
Seguir lendo "Literatura Galega: Cantigas, Séculos Escuros e Prosa" »

Cantigas de Escarnio e Maldicer: Unha Análise Detallada

Outras linguas estranxeiras3,76 KB

Cantigas de Escarnio e Maldicer

As cantigas de escarnio esconden un sentido oculto de carácter burlesco, xogan cos dobres sentidos das palabras para crear unha burla velada. As cantigas de maldicer satirizan directamente a un personaxe, sen empregar palabras encubertas ou dobres sentidos. Uso da equivocatio, que consiste en empregar termos que poden ter varios significados.

Características

  • A finalidade das cantigas satíricas é facer rir.
  • Nelas predomina a sátira de carácter persoal, fronte á de carácter moralizante; pódese tratar dun xogo literario e, en ocasións, aparecen reducidos a estereotipos sociais.
  • Fáise unha lúdica subversión da orde establecida, a través da cal se fai unha crítica da sociedade da época. Cuestionanse os
...
Seguir lendo "Cantigas de Escarnio e Maldicer: Unha Análise Detallada" »

Vangardas en Galicia: Poesía do Século XX

Outras linguas estranxeiras3,73 KB

A poesía de vangarda

O nacemento do século XX e a modernización literaria

O nacemento do século XX supón para Galicia un cambio importante no eido literario. Prodúcese un movemento xeneralizado de modernización na nosa literatura a todos os niveis. A poesía non foi allea a este proceso. Así, a comezos do século prodúcense no ámbito poético, coa coñecida xeración do 25, os primeiros intentos de achegamento aos movementos de vangarda europeos e a superación da poesía feita no Rexurdimento. É o momento de publicación de revistas (Yunque, Alfar…), nas que se presentan as ideas vangardistas, e de obras de clara influencia surrealista ou creacionista. Tamén sae do prelo o primeiro manifesto poético galego, o manifesto Máis alá!

...
Seguir lendo "Vangardas en Galicia: Poesía do Século XX" »

A Prosa do Primeiro Terzo do XX: Irmandades e Grupo Nós

Outras linguas estranxeiras2,54 KB

A Prosa do Primeiro Terzo do XX. As Irmandades e o Grupo Nós

Podemos destacar 3 promocións: narrativa, ensaio e xornalismo.

A. Os epílogos do Rexurdimento

Antón Villar Ponte, Lois Porteiro Garea e Xoán Vicente Viqueira representan o ensaio político onde fan propaganda do galeguismo.

As institucións nacionalistas agrupadas nas Irmandades tamén se preocuparon por crear canles de expresión adecuadas para iniciar o proceso de modernización da narrativa galega: a revista Nós, a colección editorial Céltiga, Editorial Lar…

B. O Grupo Nós

Grupo promotor (Cenáculo Ourensán): Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas. Castelao en estreita relación.

C. A achega dos “Novos” relacionados coas vangardas

Rafael Dieste.

1. A Revista Nós

Esta revista é...

Seguir lendo "A Prosa do Primeiro Terzo do XX: Irmandades e Grupo Nós" »

Poesía de vangarda galega: Autores e obras

Outras linguas estranxeiras2,67 KB

A poesía de vangarda: Autores e obras

Características da vangarda

A vangarda é un movemento artístico innovador que se inicia en Europa no século XX, delimitado polas dúas guerras mundiais. O foco de irradiación é París, a Atenas do século XX.

As vangardas mundiais caracterízanse por:

  • Actitude antirromántica e antisentimental.
  • Percepción intelectual da realidade deshumanizada.
  • Renovación absoluta do material poético.
  • Innovación da linguaxe figurada.
  • Liberdade absoluta no acto de creación.

As vangardas galegas

A poesía de vangarda galega presenta características moi peculiares. O vangardismo galego amósase como fenómeno individualizado, pero non independente do contorno europeo. Destaca o creacionismo, fundado por Vicente Huidobro....

Seguir lendo "Poesía de vangarda galega: Autores e obras" »

A Prosa das Irmandades da Fala: Novela Curta e A Nosa Terra

Outras linguas estranxeiras3,96 KB

Creación e Obxectivos das Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala (IF), fundadas en 1916 por iniciativa do xornalista Antón Vilar Ponte, foron cruciais para o desenvolvemento cultural galego. Entre as súas creacións máis destacadas atopamos:

  • A Nosa Terra: Publicación periódica en galego (1916-1936), órgano de expresión das Irmandades da Fala.
    • O seu director foi Antón Villar Ponte, e entre as personalidades relacionadas con A Nosa Terra (ANT) figuran Antón Vilar Ponte, Risco, Cabanillas, Castelao, entre outros.
    • Trataba temas políticos, de pensamento, cultura e educación, dirixíndose principalmente á pequena burguesía (profesións liberais e comercio).
    • Os seus obxectivos incluían combater o atraso económico de Galicia, estender
...
Seguir lendo "A Prosa das Irmandades da Fala: Novela Curta e A Nosa Terra" »

Rosalía de Castro: 'Cantares' e 'Follas Novas'

Outras linguas estranxeiras3,34 KB

Análise de Cantares Gallegos

Cantares Gallegos é un libro publicado na primavera de 1863, dedicado a Manuel Murguía e datado o 17 de maio, aniversario do literato. Foi impreso en Vigo por Juan Compañel. Contén 32 poemas na primeira edición, 36 na segunda (coordinada por Rosalía) e 38 na terceira (coordinada por Manuel Murguía).

No prólogo, exponse o obxectivo do libro: un intento de defensa ante o ataque secular a Galicia. Ten unha motivación patriótica e de exaltación da beleza do país, dos galegos e da propia paisaxe.

O poemario triunfará pola súa calidade literaria, a súa gran musicalidade e ritmo. Posúe tamén un forte sentimento galego que conmoverá á xente. Rosalía creará escola e vinculará o seu nome a Galicia.

O libro...

Seguir lendo "Rosalía de Castro: 'Cantares' e 'Follas Novas'" »