Historia do Teatro Galego: Da Travesía no Deserto a Ribadavia (1950-1980)

Outras linguas estranxeiras3,39 KB

O Teatro Galego entre 1950 e 1965: A Travesía no Deserto

Do 50 ao 65 podemos falar dunha travesía no deserto. O teatro desta época estará concibido para ser lido máis que para ser representado.

Autores e Obras Clave (1950-1965)

Neste período destaca Álvaro Cunqueiro, un gran dramaturgo en potencia, pero con pouca obra teatral debido, como el mesmo recoñeceu, ás mínimas expectativas que había de ver representadas as súas pezas. A súa peza teatral máis coñecida é O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1959), onde retoma a temática shakespeareana.

Un dos autores máis prolíficos desta época é Ricardo Carballo Calero, encontrando na súa extensa produción obras de carácter realista, outras máis alegóricas, algunhas de inspiración popular como en A farsa das zocas (1948), a súa obra máis popular.

Xenaro Mariñas del Valle coa súa obra A revolta, unha peza de carácter simbólico que aborda o problema da emigración, foi precursor do teatro social.

Entre os autores cultivadores deste teatro citaremos a:

  • Daniel Cortezón
  • Xohana Torres
  • Manuel Marías

O Despegue do Teatro Galego a Partir dos Anos 60

A partir dos anos 60 producíronse unha serie de acontecementos que sementaron as bases dun entramado artístico, profesional e social que permitiron o desenvolvemento do teatro galego:

  • A profusión de certames teatrais
  • A creación de grupos de teatro independentes
  • A creación da Mostra de Teatro de Ribadavia

O Nacemento dos Grupos Teatrais Independentes

O nacemento dos grupos independentes implicou un cambio de perspectiva: revisión de repertorios e novos métodos de traballo. Aparece a expresión “o espírito da furgoneta”, e predominou o traballo colectivo do grupo teatral fronte á obra do autor.

En 1967 fundouse na Coruña o Teatro Circo, o primeiro grupo teatral independente galego, ao que seguiron moitos outros como:

  • Antroido
  • A Escola Dramática Galega
  • A Farándula
  • ...

A Mostra de Teatro de Ribadavia (1973-1980)

En 1973, en Ribadavia, a Asociación Cultural Abrente organizou a I Mostra de Teatro de Ribadavia, que se prolongou ata o 1980 e que serviu para a exhibición das obras e autores galegos, así como de foro de debate sobre a problemática lingüística, temáticas e estéticas.

Paralelamente, convocouse un concurso de textos teatrais onde se deron a coñecer algúns dos autores máis coñecidos hoxe como Manuel Lourenzo ou Euloxio Ruibal.

A Xeración de Ribadavia: Características Comúns

A actividade xerada arredor deste grupo permítenos falar dun grupo ou xeración con elementos comúns:

  • O posicionamento contra a ditadura
  • Unha concepción polivalente da actividade teatral que combinaba a faceta de escritor coa de actor ou coa de director
  • Tematicamente e formalmente, o afán de explorar novas vías

Descargar

PDF Word HTML