Eduardo Pondal: Biografía, Obra e Estilo do Bardo Galego
Eduardo Pondal: Biografía
Naceu nunha familia fidalga acomodada da comarca de Bergantiños, en Ponteceso. Considerado o poeta máis culto do Rexurdimento, debido á súa formación en cultura grecolatina e aos seus coñecementos que tiña doutras literaturas. Afirmaba que o pobo galego descendía fundamentalmente da etnia celta. Considerábase a el mesmo como o bardo de Galicia, unha especie de poeta-sacerdote destinado a cantar as glorias do pobo. A Eduardo Pondal chámaselle o vello bardo de Bergantiños.
Obra literaria
- Queixumes dos pinos (1886): Libro de poemas que amplía e mellora tanto desde o punto de vista ideolóxico como artístico e lingüístico.
- Rumores de los pinos (1877): O fío condutor é un personaxe, o bo bergantiñán, que de camiño a Ponteceso escoita os queixumes dos piñeiros que lle revelan mensaxes. Supón unha exaltación a Galicia e un manifesto do pobo celta en loita, no que contrapón o pasado e futuro ao sometemento presente. Os heroes celtas toman os seus nomes da toponimia da zona natal de Pondal.
- O Eoas (1892): Extenso poema épico sen rematar de facelo e inédito ata 1992. Composto ao modo da Ilíada, a Odisea e Os Lusíadas, conta o descubrimento de América por parte de Cristovo Colón coa finalidade de darlle prestixio ao galego e consolidalo como lingua de cultura.
Características temáticas
Liña cívico-patriótica
Esperta a conciencia do pobo galego para que se converta nun pobo libre, creando un mundo mitolóxico celta que xustifique o espírito galeguista. Así xorde o bardo como cantor do glorioso pasado e a guía do destino do pobo galego. Para conseguir esa liberdade toma como exemplo os heroes do pasado, remontándose á Grecia clásica e aos celtas, entre os que sobresaen Breogán, fortes, intrépidos e sempre preparados para a loita.
Liña lírica
Elementos como a natureza, que se mostra dura, salvaxe e agreste, nomeadamente a súa terra natal e arredores. Identifica a idea da liberdade coa paisaxe de Bergantiños, a súa fauna e flora; de aí a abundancia de topónimos e hidrónimos.
Características formais
Gran esforzo por elaborar un galego literario culto que tomou como base o rexistro lingüístico dialectal da bisbarra de Bergantiños, no que introduciu cultismos de orixe latina e grega. Evitaba o uso de castelanismos. Consideraba que o galego máis puro era o da súa terra.
Recursos estilísticos
Uso de recursos como:
- Hipérbato
- Epíteto
- Comparación
- Símbolos: como os piñeiros e carballos (que simbolizaban os heroes celtas) ou os corvos (como símbolo da liberdade).