A Literatura Galega: Vangardas e Autores Clave do Século XX
As vangardas son movementos artísticos que xorden no primeiro terzo do século XX en Europa e que pretenden a renovación artística. En literatura, danse esencialmente en poesía.
Características das Vangardas
- Liberdade e orixinalidade creativa.
- A arte é un fin en si mesma, polo tanto, rexeita calquera regra, sexa natural ou artística.
- Renovación da linguaxe poética: verso libre, ausencia de puntuación, incorporación de léxico técnico.
Hilozoísmo
A temática é a Natureza, que se presenta humanizada mediante personificacións, pero con métrica e rima tradicionais. Recorre tamén a elementos sonoros e visuais.
Neotrobadorismo
Utiliza elementos das cantigas medievais xunto con imaxes vangardistas.
Vangarda Plena
Pretende rachar cos clásicos seguindo esencialmente o creacionismo.
Manuel Antonio: Poeta Vangardista
Manuel Antonio é o poeta de vangarda máis orixinal e innovador.
A Prosa de Vangarda
A prosa de vangarda non é moi abundante. Destaca Rafael Dieste coa obra Dos arquivos do trasno.
Álvaro Cunqueiro: Realismo Máxico
A súa obra narrativa enmárcase no realismo máxico e ten os seguintes trazos:
- Novelas construídas a base de relatos que se acumulan.
- Predominio da oralidade.
- Mestura do máxico ou extraordinario con elementos cotiáns; o real e o fantástico, o popular e o mítico están unidos sen que sorprendan ao lector.
- Obra moi orixinal e con toques de humor.
Novelas Destacadas de Cunqueiro
- Merlín e familia
- As crónicas do Sochantre
- Se o vello Sinbad volvese ás illas
Libros de Relatos de Cunqueiro
Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes son pequenos relatos, semblanzas de personaxes galegos, reais ou imaxinarios.
Poesía de Cunqueiro
Realizou algún poemario.
Ánxel Fole: Galeguista e Escritor
Foi un importante galeguista na época da República, fundador da Revista Yunque. O seu activismo político e cultural obrigouno a fuxir do Lugo natal a terras máis montañosas de Quiroga.
Literatura Galega no Exilio
Poesía no Exilio
A poesía no exilio será un dos xéneros máis cultivados, retomando o ton cívico e social.
Luís Seoane
Denuncia social e tema do exilio. Título: Fardel de exiliado.
Emilio Pita
Trata as consecuencias da guerra. Título: Jacobusland.
Lorenzo Varela
Trata a súa experiencia no exilio. Título: Lonxe.
Narrativa no Exilio
A prosa da diáspora queda eclipsada pola obra de Eduardo Blanco Amor; un dos mellores escritores en lingua galega, cultiva todos os xéneros. Títulos destacados: A esmorga, Os biosbardos e Xente de lonxe.