Literatura Galega: Autores e Movementos Principais
Noriega Varela: Autor de Montañesas
Noriega Varela é autor dun único libro, Montañesas (1904). A súa temática pódese dividir en:
- Costumismo ruralista: describe paisaxes, costumes e circunstancias da vida dos labregos.
- Lirismo da natureza: canta os aspectos máis humildes da paisaxe.
Ramón Cabanillas: Poesía e Compromiso
Ramón Cabanillas naceu en Cambados (1876-1959). Os seus dous primeiros libros de poesía foron No desterro (1913) e Vento mareiro (1915). Participou activamente nas iniciativas políticas e culturais do seu tempo: Irmandades Galegas, Grupo Nós, Seminario de Estudos Galegos.
Clasificación da Poesía de Cabanillas
A poesía de Cabanillas clasifícase en:
a) Poesía Lírica
- Poesía cívica: de carácter agrarista, anticaciquil e nacionalista.
- Poesía intimista: temática amorosa.
- Poesía costumista: paisaxes, costumes rurais.
b) Poesía Narrativa
Son obras de temática mítica e de reivindicación nacional. Exemplo: Na noite estrelecida, que consta de tres sagas.
Teatro de Cabanillas
- O Mariscal: é un drama en verso de Ramón Cabanillas de intención política.
Características da Lingua Galega
- Gheada: consiste na pronunciación do fonema /g/ aspirado.
- Seseo: consiste en pronunciar /s/ en lugar de /θ/ (representado polas grafías "c" e "z").
O Grupo Nós: Impulsores da Cultura Galega
O Grupo Nós estaba formado por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas e Antón Losada Diéguez. A eles uniuse Castelao para a realización de proxectos artísticos, políticos e culturais. O nome do grupo procede da revista Nós, fundada en Ourense en 1920.
Vicente Risco: Teoría e Creación
Vicente Risco (Ourense, 1884-1963) en 1920 funda e dirixe a revista Nós. Publica tamén a Teoría do Nacionalismo Galego. En 1931 participa na creación do Partido Galeguista.
Obra de Vicente Risco
a) Narrativa
- O porco de pé
- Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros
b) Ensaio
- Nós, os inadaptados (1933)
- Mitteleuropa (1934)
c) Teatro
- O bufón de El-Rei (1928)
Ramón Otero Pedrayo: Narrativa e Estilo
Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) en 1931 ingresa nas Irmandades da Fala, intégrase no Partido Galeguista e é elixido deputado por Ourense. Sufriu a represión franquista.
Obra Narrativa de Otero Pedrayo
- Os camiños da vida: é a súa primeira novela.
- Arredor de si: retrato da xeración do autor.
Estilo de Otero Pedrayo
O seu estilo caracterízase por abundantes descricións, numerosas imaxes, referencias culturais e parágrafos de oracións subordinadas.
Florentino López Cuevillas: Prehistoria e Cultura
Florentino López Cuevillas (Ourense, 1896-1958) desenvolveu un importante labor á fronte da sección de Prehistoria do Seminario de Estudos Galegos.