Poetas e Narradores Galegos no Exilio: Obras Principais

Outras linguas estranxeiras2,94 KB

A Poesía do Exilio

É unha poesía de forte denuncia social. Representantes: Luís Seoane, Lorenzo Varela e Emilio Pita.

Luís Seoane

É polifacético, destacou nas artes plásticas e na poesía. Publica Fardel de exiliado, Na brétema, Santiago, As cicatrices, A maior abondamento. Caracterízase pola denuncia social; os temas son a diáspora e a historia de Galicia na Idade Media, centrándose nas persoas humildes.

Lorenzo Varela

Dous poemarios, Catro poemas para catro gravados e Lonxe, contan a súa experiencia social no exilio e a saudade da terra.

Emilio Pita

O seu primeiro libro foi Jacobusland; trata da traxedia da Guerra Civil e a visión nostálxica da natureza galega. Máis tarde publica Cantigas de nenos, Os relembros, As cantigas e O ronsel verdegal.

A Narrativa do Exilio

Compóñena Eduardo Blanco Amor, Ramón Valenzuela e Silvio Santiago.

Ramón Valenzuela

Escribiu novelas autobiográficas narrando aquela época. Non agardarei por ninguén é un diario sen datas protagonizado por un fidalgo. Eran tempo de apandar é a continuación do anterior; o protagonista, tras a guerra, exíliase en Francia durante a Segunda Guerra Mundial.

Silvio Santiago

En Vilardevós fai unha pintura de costumes a partir das lembranzas da súa infancia. O silencio redimido é unha novela autobiográfica; relata a época da súa condena, fuxida e desterro.

Eduardo Blanco Amor

A súa obra: as tres obras narrativas principais comparten características:

  • Localización espacial.
  • Localización temporal: nas dúas primeiras décadas do século.
  • Protagonismo infantil e xuvenil.
  • Preferencia por un narrador en primeira persoa.
  • Emprego de formas populares da fala.
  • Interese reiterado nos prólogos das obras por facer literatura realista.

A Esmorga

A Esmorga: historia tráxica que transcorre por diversos escenarios de ambiente urbano ou suburbial.

  • Na primeira parte explica como obtivo a información necesaria para escribir a historia.
  • A segunda parte: cinco capítulos que recollen a declaración do Cibrán ante o xuíz; constrúense as vinte e catro horas de esmorga dos tres personaxes.
  • A terceira parte: aparece o auto-narrador para dar conta da morte do protagonista e as circunstancias nas que esta se produce.

Os Biosbardos

Os biosbardos: sete relatos protagonizados por rapaces de Auria que contan as súas experiencias persoais e informan acerca dos modos de vida daquel tempo.

Xente ao lonxe

Xente ao lonxe: novela longa dun neno chamado Suso que narra a súa historia persoal.

Descargar

PDF Word HTML