Nova Narrativa Galega: Autores e Obras
A Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa Galega comprende un conxunto de obras que inauguran unha nova forma de narrar. Este movemento literario iníciase coa obra Nasce unha árbore en 1954 e remata en 1972 con Adiós, María.
Características da Nova Narrativa Galega
- Fuxida da localización concreta dos espazos, con preferencia polos ambientes urbanos e pechados. Fusión da realidade e a fantasía.
- Redución temporal: anúlase o sentido durativo e redúcese ao máximo o tempo. Rexeitamento da cronoloxía lineal e introdución da cronoloxía vital.
- Contestación da idea de argumento e negación da acción. Esíxese un lector competente e activo.
- Pluralidade de voces narrativas e abundante emprego do monólogo interior. Revisión e destrución da