Orixe e formación da lingua galega: Latín e substratos

Outras linguas estranxeiras3,07 KB

Orixe e formación da lingua galega

Do latín ás linguas romances peninsulares

No século IX, as variedades lingüísticas que se empregaban na Península Ibérica estaban tan distanciadas do latín que podemos falar xa do nacemento de novas linguas: o galego-portugués, o asturleonés, o castelán, o catalán, o aragonés e as variedades mozárabes. Na formación das linguas teñen grande influencia as que había nas diferentes zonas antes da chegada do latín. Estas influencias clasifícanse en:

  • Substrato
  • Superestrato
  • Estrato
  • Adstrato (éuscaro)

A latinización da Gallaecia

A civilización castrexa caracterizouse pola dispersión da súa poboación; descoñecían a cultura urbana e a escrita. Isto dificultou o proceso de latinización, pero o latín acabou impoñéndose debido ao dominio político e á superioridade cultural dos romanos.

A Gallaecia entrou no mundo romano e ocupaba un territorio moito máis extenso do que é hoxe Galicia. Os romanos consideraban bárbaras todas as linguas diferentes do latín, imprescindible para a obtención da cidadanía romana. Todo isto provocou a extinción das linguas autóctonas.

A finais do século IV e comezos do V, a Gallaecia gozaba dun alto nivel sociocultural. A afastada provincia occidental atopábase xa practicamente integrada na civilización romana e na cultura latino-cristiá. O proceso de substitución das linguas indíxenas polo latín vulgar estaba xa practicamente consumado.

Substrato prerromano

O estrato previo á latinización é o pobo indoeuropeo e preindoeuropeo que pertencen á cultura dos metais. Algunhas palabras de posible orixe prerromana son: carballo, morea ou Añobre.

Influencias posteriores: Superestratos

Nos superestratos do galego debemos distinguir dous compoñentes principais: o xermánico e o árabe.

Influencia xermánica: os suevos

No século V, tras a caída do Imperio Romano e a invasión dos bárbaros, os suevos estableceron a súa monarquía na antiga provincia romana de Gallaecia. A Gallaecia sueva foi o primeiro reino de Europa occidental e mantivo a súa independencia máis dun século e medio.

Gallaecia, durante os tres séculos do período xermánico, tivo especial importancia para a formación dunha identidade lingüística galaica, nun momento crucial da fragmentación lingüística dos territorios do Antigo Imperio Romano.

A pesar da superioridade política dos invasores, estes non chegaron a exercer unha influencia cultural e lingüística importante, pois axiña foron asimilados e latinizados. Exemplos de xermanismos: amil, banco ou agasallar.

Influencia árabe

A invasión árabe no 711 supuxo a fin do reino visigodo. Á zona de Gallaecia non chegou a invasión, de aí que a maior parte dos arabismos que atopamos no galego entrasen de xeito indirecto, a través do castelán e do portugués. Exemplos de arabismos: acea, adobe e alcume.

Descargar

PDF Word HTML