A Prosa Galega no Século XX: Evolución e Autores Destacados

Outras linguas estranxeiras3,66 KB

A Prosa Galega no Século XX: Contexto e Evolución

No mundo occidental, durante a segunda metade do século XX, prodúcese un importante avance da ciencia; aparecen novos problemas; os medios de comunicación acadan moita relevancia; xorde o cinema... Neste contexto, a literatura galega, e máis concretamente a prosa, caracterízase pola experimentación e por seguir unha gran diversidade de vías.

Factores de Impulso da Narrativa Galega

O incremento na produción narrativa en galego vén determinado pola introdución da lingua no ensino e a aparición de novas editoriais e premios literarios. Os autores tratan temas da realidade cotiá, históricos, existencialistas, etc.

Diversificación Temática e Estilística

Nesta nova etapa, debemos destacar unha maior diversificación de estilos, de temas e de rexistros lingüísticos. Entre os xéneros e temáticas abordadas, atopamos:

  • Novela sobre a Guerra Civil e a posguerra
  • Novela histórica
  • Novela experimental
  • Novela realista
  • Novela humorística
  • Novela intimista
  • Novela feminina
  • Ciencia ficción
  • Novela negra, que acadará un notable éxito.

O Papel do Ensino na Creación de Lectores

Tamén podemos destacar a implantación das materias de Lingua e Literatura Galegas no ensino primario e secundario, que favoreceu a aparición de novos lectores.

Clasificación de Autores de Prosa Galega

Podemos realizar unha clasificación dos autores de prosa segundo a súa data de nacemento e o inicio da súa traxectoria literaria:

Autores de Longa Traxectoria

  • Xosé Luís Méndez Ferrín: Un dos escritores galegos máis consagrados. A súa produción literaria abrangue todos os xéneros. Algunhas das características da súa obra son:
    • Preocupación crítica e revolucionaria
    • Espazos ficticios e pechados
    • Linguaxe variada e chea de símbolos
    • Natureza épico-lírica
    Destacan obras como O crepúsculo e as formigas e Crónica de nós.
  • Carlos Casares: Obra composta por contos e novelas. Ten dúas etapas: unha autobiográfica e outra máis realista. As súas características básicas son:
    • Conflitos sociais
    • Ambientes urbanos
    • Elementos fantásticos
    • Presenza do mal
    • Personaxes do clero
    • Humor, ironía e parodia
    • Lingua culta e simple
    Destacan Vento ferido e Os escuros soños de Clío.

Primeira Promoción (Nados nos 30-40, publican nos 70)

  • Xosé Fernández Ferreiro: Narrativa comercial, realista e memorialista (Os últimos fuxidos).
  • Xavier Alcalá (A nosa cinza).
  • Alfredo Conde: Obra ampla. Destaca Xa vai o Griffón no vento.

Segunda Promoción (Nados nos 40-50, publican nos 80)

  • Víctor F. Freixanes
  • Suso de Toro: Obra extensa e variada. Unha das súas primeiras obras é Polaroid.
  • Manuel Rivas: O escritor actual máis coñecido. (Que me queres, amor?, O lapis do carpinteiro).

Terceira Promoción (Nados nos 50-60, publican nos 90)

  • Xosé Carlos Caneiro (Ébora)
  • Antón Riveiro Coello (As rulas de Bakunin)

Autores do Novo Milenio

Narradores máis novos, por idade ou por destacar nos últimos anos:

  • Xosé Vázquez Pintor
  • Teresa Moure

Descargar

PDF Word HTML