Poesía de Vangarda: Características, Autores e Obras en Galicia
Poesía de Vangarda: Características, Autores e Obras
Co nome de vangardas alúdese na historia da arte e da literatura ás correntes e movementos que, nas primeiras décadas do século XX, propoñen unha quebra total coa tradición e coas convencións estéticas vixentes.
As vangardas pretenden superar o discurso tradicional e crear arte coa realidade, o que se denomina “arte pola arte”.
Esta actitude rompedora está condicionada polos acontecementos históricos, as convulsións sociais e os cambios culturais que experimenta o mundo occidental no século XX: a I Guerra Mundial, que converteu os campos da “civilizada” Europa nunha feira de atrocidades, a Revolución Rusa, que supuxo unha oportunidade histórica para o ascenso ao poder das clases populares, a crítica á sociedade capitalista desenvolvida polo marxismo e a mudanza na percepción do mundo polo progreso das ciencias experimentais, tales como a formulación da teoría da relatividade ou o desenvolvemento da psicanálise de Freud e tamén a teoría da evolución de Darwin.
Difundían o seu ideario estético mediante manifestos. Entre esas correntes ou ismos cabe destacar o futurismo, expresionismo, dadaísmo, cubismo, surrealismo, creacionismo e imaxinismo.
As características comúns ás vangardas son o desprezo polo bo gusto burgués, o antirrealismo, é dicir, a vontade de distorsión da realidade, a fuxida do argumento e do contido. Os vangardistas tamén tiñan unha actitude antirromántica e fixeron unha renovación da linguaxe, e co uso poético cotiá. Defendían a arte pola arte e renunciaban a calquera finalidade exterior ao propio discurso artístico, procura da arte pura.
As Vangardas en Galicia
En canto ás vangardas en Galicia habería que recoñecer que tiveron dificultades: non lograron ter influencia xa que, se temos en conta que as vangardas son a ruptura co tradicional e a literatura galega renace a partir do galeguismo, non podería haber boa harmonía entre estes dous conceptos.
Hai tres escolas importantes:
- O hilozoísmo, que trata de humanizar a paisaxe e destaca Amado Carballo.
- O creacionismo, que intenta facer un poema con autonomía, o que quere dicir que se o poema crea algo propio, para ser entendido non se ten que buscar nada no exterior, xa que a explicación está dentro do poema. Neste tipo de vangardas destaca Manuel Antonio.
- O neotrobadorismo, que retoma tradicións medievais e o que ten de vangarda é que moderniza cantigas de amor, amigo, escarnio… Nesta escola destaca Álvaro Cunqueiro.
Manuel Antonio é o único autor autenticamente vangardista na literatura galega. A súa obra contén futurismo, creacionismo, cubismo. Manuel Antonio manterá ao longo da súa breve vida unha actitude inconformista, tanto no social como no artístico.