Grupo Nós e Figuras Clave: Risco e Castelao
O Grupo Nós
O Grupo Nós está formado por Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas e Losada Diéguez. Máis adiante únese Castelao. Naceron en torno a 1885 e pertencen á xeración das Irmandades da Fala. O nome procede da revista Nós, fundada en Ourense en 1920, dirixida por Vicente Risco.
Vicente Risco
Naceu en Ourense en 1884 e posúe unha ampla formación intelectual. En 1917 funda a revista La Centuria en colaboración con Otero e Cuevillas. Nese mesmo ano únese ás Irmandades e inicia a súa etapa galeguista. En 1920 funda a revista Nós. En 1931 participa na creación do Partido Galeguista.
Obras de Vicente Risco
- Narrativa:
- O porco de pé
- Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros
- O lobo da xente
- Ensaio:
- Teoría do nacionalismo galego
- Teatro:
- O bufón de El-Rei
Castelao
Castelao é a figura máis importante da cultura galega do século XX. Foi pintor, debuxante, narrador, dramaturgo, ensaísta e político galeguista. Naceu en Rianxo. Entre os 10 e os 14 anos reside na Pampa arxentina, onde emigrara seu pai. Estuda a carreira de Medicina en Santiago. En 1920 faise cargo da dirección artística da revista Nós. En 1923 entra a formar parte do Seminario de Estudos Galegos e participa na creación do Partido Galeguista en 1931. Ao remate da Guerra Civil exíliase primeiro en Nova York e logo en Bos Aires. Crea en Bos Aires o Consello de Galiza, unha especie de goberno galego no exilio, do que foi presidente ata a súa morte en 1950.
Obra literaria de Castelao
Comeza cultivando a narrativa, máis tarde o ensaio e por último o teatro.
Características da obra de Castelao
- Crítica social: denuncia as inxustizas que sofren os máis débiles e a reivindicación da lingua galega.
- Humor: a través da ironía e da retranca.
- Lirismo: abundantes recursos expresivos.
- Concisión e brevidade.
Obras de Castelao
- Narrativa:
- Cousas: breves relatos acompañados dunha ilustración.
- Ensaio:
- Sempre en Galiza: é a obra máis importante do pensamento galeguista da época.
- Teatro:
- Os vellos non deben de namorarse: consta de tres lances independentes pero de tema e estrutura semellante, encadrados entre un prólogo e un epílogo.