As Vangardas Artísticas do Século XX en Europa
As Vangardas Artísticas do Século XX
Nas primeiras décadas do século XX xorden en Europa diversos movementos artísticos que pretenden unha renovación total da arte. Todos eles son coñecidos co nome de vangardas.
Estes movementos teñen en común a ruptura coa tradición literaria e a procura de novos camiños expresivos. Caracterízanse por:
- Actitude antirromántica e antisentimental.
- Defensa da total liberdade creativa.
- Reivindicación da súa independencia e orixinalidade.
- Propugnación da renovación da linguaxe, a eliminación dos signos de puntuación, unha nova función das imaxes e metáforas, etc.
Difunden as súas propostas renovadoras a través de manifestos.
Principais Correntes ou Ismos
Futurismo
O seu creador foi o italiano Marinetti, que en 1909 publicou o...
Cubismo
Xorde en 1907 como movemento pictórico, fundado por Picasso, Juan Gris, etc. Caracterízase polo emprego de formas xeométricas, presentando nun mesmo plano diferentes partes dun obxecto, e polas colaxes. No plano literario destacan os...
Dadaísmo
Nace en Zúric en 1916 da man dun grupo de artistas de distintas nacionalidades durante a Primeira Guerra Mundial, liderados polo romanés Tristan Tzara. Foi un movemento antiarte e provocador que propoñía unha rebelión contra as convencións establecidas.
Surrealismo
É un movemento artístico e literario que nace en Francia con André Bretón, quen escribe en 1924 o primeiro manifesto surrealista. Incorpora as ideas da psicanálise de Freud (o mundo onírico, o subconsciente). No plano literario supuxo unha renovación da linguaxe e a achega de novas técnicas de composición: escritura automática, imaxe visionaria, etc.