Poesía das Irmandades da Fala: Autores, Características e Obras

Outras linguas estranxeiras2,44 KB

Contexto Histórico e Influencias

Os autores pertencentes a esta época considérase que viviron a transición entre o século XIX, no que destaca o Rexurdimento, e o século XX, no que aparece o grupo Nós e as vangardas. Seguen en moitos aspectos o camiño dos autores que os preceden, pero apuntan sinais renovadoras.

Nas Irmandades da Fala inflúen dous movementos: o agrarismo e o nacionalismo. O primeiro é unha corrente que defende os dereitos dos labregos. O nacionalismo, pola súa banda, procede da evolución do galeguismo e do rexionalismo e defende Galicia e os seus intereses. Estes dous movementos son importantes porque se relacionan de maneira estrita coa literatura.

Ramón Cabanillas: Figura Clave

O autor máis recoñecido nesta época é Ramón Cabanillas.

Obra Poética

Na súa obra poética destacan temas sociais nos que se poden incluír trazos agraristas e nacionalistas, como en No Desterro ou Vento Mareiro. Nas obras máis intimistas, lembra a Rosalía, como en Na Rosa de 100 follas. As obras que tenden ao cosmopolitismo son influídas polo modernismo, como en Da terra asoballada; con esta composición poética, afonda na liña comprometida, pero desde propostas ideolóxicas nacionalistas.

Obra Narrativa

En canto á narrativa, poderiamos nomear O bendito de San Amaro, que é un poema narrativo longo de ton popular que lembra os romances dos cegos, ou Samos, aínda que a obra narrativa máis importante é Na Noite estrelecida. Nesta obra, obsérvase unha clara galeguización por parte de Cabanillas da Materia de Bretaña, a cal comprende historias do rei Artur e os seus cabaleiros. Nesta obra aparecen dous elementos ideolóxicos: o cristianismo e o galeguismo citado antes.

Na Noite estrelecida divídese en tres sagas: A espada de Escalibor, que se sitúa na illa de Sálvora; O cabaleiro do Santo Grial, no que se encontra o Santo Grial no Cebreiro (isto é un exemplo da cristianización e galeguización citadas antes); e O sono do rei Artur. Nesta última saga, o rei Artur parece estar morto, pero na obra dise que está durmindo. Esta obra sitúase na liña pondaliana de reelaboración do pasado céltico de Galicia.

Cabanillas aporta á literatura galega tradición e renovación.

Outros Autores

Outros autores son López Alberte, Victorino Taibo e Rei Soto.

Descargar

PDF Word HTML