Blanco Amor e Cunqueiro: Dúas Figuras Clave da Literatura Galega
Blanco Amor (Realismo Social)
Nado en Ourense e finado en Vigo, foi un escritor e xornalista galego. En 1993 foille dedicado o Día das Letras Galegas. En 1915 comezou a traballar como secretario de dirección en El Diario de Orense da man de Xavier Bóveda. En 1917 estivo como porteiro na Inspección de Primeira Ensinanza, mais en setembro dese ano foi suspendido de emprego e soldo. Durante esta época frecuentou os faladoiros de Vicente Risco, figura que tivo unha importancia decisiva na súa futura defensa e promoción da cultura galega.
A chegada á novela por parte do autor aparece conformada por dous textos fundamentais para a historia das nosas letras: A Esmorga e Xente ao Lonxe.
- Xente ao Lonxe aparece como unha narración ambiciosa que tenta facer unha análise crónica da familia Vilar, desde o momento do nacemento do último dos fillos ata a inminente morte de Aser, o pai, cinco anos máis tarde.
- A Esmorga narra a esmorga de tres personaxes, Cibrán, o Bocas e Aladio Milhomes, que botan de bebedela un día enteiro e máis a súa noite, e que rematará co falecemento de dous deles e o axuizamento do terceiro. De feito, é este terceiro, Cibrán, quen lle conta toda a historia ao xuíz, e grazas ao cal coñecemos a súa versión do sucedido.
Cunqueiro (Realismo Fantástico)
Nado en Mondoñedo e finado en Vigo, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega. En 1991 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Características do mundo mítico ou máxico de Cunqueiro:
- Mestura o realismo e a fantasía, tanto do mundo cotián como do mundo lendario.
- Vai incorporar á nosa literatura dun xeito case lúdico mitos doutras tradicións: clásica, oriental, nórdica, celta, etc.
- A paisaxe nas súas obras ten unha función simbólica positiva.
- A estrutura das súas obras sempre ten un carácter radial, é dicir, o fío condutor aparece centrado nun personaxe principal e nun espazo base, e arredor deles xiran todos os episodios que se contan.
A súa obra narrativa en galego aparece organizada en dous conxuntos:
- En Merlín e familia asistimos á recreación dos personaxes míticos, artúricos, de Merlín e Xenebra, que residen nun pazo galego nas terras de Miranda. Todo é contado por Felipe de Amancia (paxe de Merlín).
- As crónicas do sochantre aparece ambientada na Bretaña francesa do século XVIII.
Finalmente, Se o vello Simbad volve ás illas mostra o intrépido mariñeiro árabe retirado na súa casa e que soña con volver ás antigas viaxes.