Xeración do 36 e Poesía Galega: Autores e Obras Clave
Xeración do 36
Comeza con Cómaros verdes de Aquilino Iglesia Alvariño. Escribiu unha poesía cunha paisaxe humanizada con temáticas como a soidade, o paso do tempo e a morte. De día a día, Lanza de soedá e Nenias. Xosé María Díaz Castro escribiu só Nimbos, obra na que ten temas como o amor, a morte, a vida. Escribiu o poema Penélope. Tamén destaca Luis Pimentel con Triscos, Sombra do aire na herba. Caracterízase por ser pesimista.
Promoción de Enlace
Naceron arredor dos anos 20. Os máis importantes foron: Antonio Tovar conxugou intención social con intimismo nos libros Arredores, Non, Calados esconxuros, Berros en voz baixa, A nada destemida e Cadáver adiado. Manuel Cuña Novás destaca co poemario Fabulario novo, adaptando o expresionismo en Galicia. Luz Pozo Garza, con intimismo, existencialismo e culturalismo, publicou Concerto de outono, Códice calixtino, Vida secreta de Rosalía.
Xeración dos 50
Non viviron directamente a guerra civil, estudaron na universidade e comprometéronse con Galicia cultural e politicamente. Cada un dos membros segue un estilo propio. Nos primeiros libros aparece unha poesía de desarraigamento e angustia, chamada Escola de Tebra. Nos 70 moitos evolucionaron cara á poesía social denunciando a falta de liberdades, por exemplo, Longa Noite de Pedra de Celso Emilio Ferreiro. Autores:
- Uxío Novoneyra: escribiu poemas paisaxísticos, onde expresa a soidade da persoa no Courel - Os eidos ou Elexías do Courel e outros poemas. Poesía social, política e reivindicativa: Poemas caligráficos, O do Courel a Compostela. Poesía amorosa: Muller pra lonxe. Son composicións breves de gran intensidade.
- Antón Avilés de Taramancos: publicou O tempo no espello, Cantos caucanos, As torres no ar e Última fuxida a Harar. Poesía vitalista e épica con resonancias mitolóxicas á natureza e ao amor.
- Manuel María: autor dunha obra amplísima, inicialmente de carácter intimista e despois de crítica social, finalmente de carácter íntimo. Terra chá, Poemas para construír unha patria, A primavera de Venus.
- Bernardino Graña: escribiu Profecía do mar, Non vexo Vigo nin Cangas. O tema central é o mar. Distínguese pola exaltación da vida, contemplada dende unha ollada chea de paixón e optimismo.
- Xohana Torres: principal voz feminina. Poemas son Do sulco, Estación ao mar, Tempo de ría. Ofrecenos unhas imaxes cargadas de forte simbolismo falando da vida.
Celso Emilio Ferreiro
Naceu en Celanova en 1912. Estudou dereito e dende novo sentiuse atraído pola poesía e a política. Na guerra civil loitou forzosamente no bando nacionalista e foi encarcerado. Escribiu Longa noite de pedra. Espertou ansias de liberdade nun mundo empobrecido. En 1966 marchou a Venezuela e viu como os dirixentes de sociedades galegas só querían enriquecerse (Viaxe ao país dos ananos). Despois viviu en Madrid e morreu en Vigo en 1979. Podemos distinguir unha:
- Liña social: solidaria, denunciadora dos males sociais: fascismo, deshumanización, emigración, inxustiza... É unha poesía revolucionaria e crítica.
- Liña intimista: na que se manifesta o seu inconformismo, a fugacidade da vida e a evocación da infancia ou o amor. Evoca un tempo pasado e feliz como o paraíso perdido.
- Liña irónica: fortemente corrosiva e crítica, denunciaba a mesquindade humana con ton acedo como en Cantigas de escarnio e maldicir ou Antipoemas.