Castelao e as vangardas: obra, características e legado
Obra de Castelao e as Vangardas
Castelao comeza cultivando a narrativa, máis tarde como ensaísta e, por último, como dramaturgo.
Características da súa obra
- Crítica social: denuncia das inxustizas que sofren os máis débiles, defensa das clases populares, reivindicación da lingua galega, defensa da democracia.
- Humor acedo: a través da ironía e a retranca, amosa os defectos da sociedade galega do seu tempo.
- Lirismo: con abundantes recursos expresivos.
- Concisión e brevidade.
Narrativa
- Un ollo de vidro: novela curta centrada no tema da ultratumba.
- Cousas: reúne un conxunto de breves relatos acompañados dunha ilustración.
- Retrincos: colección de cinco relatos que parecen autobiográficos.
- Os dous de sempre: única novela longa de Castelao. Presenta a biografía paralela de dous personaxes, amigos desde a infancia e que encarnan dous xeitos diferentes de concibir a vida. Na portada da novela figuran un paxaro e unha ra, que representan simbolicamente a cada personaxe.
Teatro
- Os vellos non deben namorarse: a súa única obra teatral. Estreada en Buenos Aires e publicada en Galicia. Castelao definiu esta peza como "unha obra imaxinada por un pintor e non por literato". Deste modo quería manifestar a importancia que lle concedía aos artificios escenográficos (iluminación, decorados...), mediante os cales modernizou o teatro galego do seu tempo.
As Vangardas
En Europa, no século XX, xorden movementos artísticos que pretenden unha renovación total da arte. Teñen en común a ruptura coa tradición literaria e a procura de novos camiños expresivos.
Características das vangardas
- Defensa da total liberdade creativa e reivindicación da súa independencia e orixinalidade.
- Defensa da arte pola arte e procura da arte pura.
- Renovación da linguaxe literaria (cultivo do verso libre, eliminación dos signos de puntuación...).
A Xeración do 25
Xorde en Galicia un grupo de escritores que levan a cabo a renovación da poesía galega, manteñen estreitas relacións cos compoñentes das Irmandades da Fala (IDF) e da Xeración Nós. Empregaron como medios de expresión os órganos periodísticos do momento e publicaron revistas literarias de creación propia (Alfar, Ronsel) nas que difunden os seus versos e dan a coñecer aos principais representantes da vangarda española e mundial (Picasso, André Bretón).