Xéneros Literarios Medievais Galegos e Graos do Adxetivo

Outras linguas estranxeiras3,33 KB

Cantigas de Amor

Expresa un sentimento amoroso posto en boca dun home e, dentro dos tres xéneros maiores ou canónicos, é o que presenta unha influencia clara da cançó provenzal. Este ideal consiste nunha relación entre o home e a súa namorada semellante á dun señor e o seu servo, cos mandados que se impoñían (mesura, discreción, xenerosidade).

Características

A beleza da dama sorprende ao trobador. A dama non é descrita dun xeito detallista, cun referente paisaxístico primaveral. O termo clave é "senhor".

Campos Semánticos

  • Loanza á dama: beleza moral ou física.
  • O amor do poeta: pacto de vasalaxe.
  • A reserva da dama: prohibición da senhor para que o poeta a vexa.
  • Coita de amor: pranto do poeta, manifestación de tolemia ou mesmo a morte por amor.

Escarnio e Maldecir

Son un xénero literario medieval galego-portugués caracterizado polo seu ton satírico e mordaz cara a individuos ou institucións da época. Estas composicións poéticas burlábanse e criticaban de forma inxeniosa figuras públicas, nobres ou eclesiásticas, así como comportamentos considerados inapropiados ou deshonestos, amosando tanto os valores como as tensións sociais da época.

As de Escarnio caracterízanse por usar un ton satírico e burlón para criticar de forma disimulada a individuos ou institucións, empregando a ironía e o dobre sentido. En contraste, as de Maldecir son máis directas e agresivas, lanzando maldicións ou invocando desgrazas sobre os seus obxectos de crítica. Aínda que os estudosos os agrupan nun mesmo grupo.

Rexistros Temáticos

  • Composicións que ofrecen unha temática obscena: Un dos temas preferidos polos nosos trobadores é aquel que fai escarnio dos maridos cornudos, dos homosexuais, impotentes, comportamentos sexuais dos relixiosos... Son burlados sen misericordia (prostitución, etc.).
  • Os textos que fan burla ou satirizan costumes: Grupos sociais ou profesións atacados polo comportamento avarento ou mesquiño. Como novos ricos, os infanzóns, sobre todo por cuestións con costumes culinarias. Tamén os defectos físicos.
  • Sátira literaria (sobre persoas): Trobadores e xograres, falta de habilidade duns e outros.
  • Sátira política: Satirizan comportamentos e actitudes políticas.
  • Sátira literaria (sobre calidades): Ironizaban calidades literarias sobre uns e dos outros.
  • Sátira Moral: Queixa das incomodidades e inxustizas do mundo, reflexións filosófico-morais.
  • Composicións de carácter paródico: Parodias de amor cortés, burlas ao tópico da coita na súa gradación da morte por amor, burlas ás damas.

Graos do Adxetivo

  • Positivo
  • Comparativo:
    • Igualdade (como, coma)
    • Inferioridade e Superioridade (menos/máis + que/ca)
  • Superlativo:
    • Relativo (máis/menos + de/entre)
    • Absoluto:
      • Sintético (-ísimo, -érrimo, hiper-, extra-)
      • Analítico (moi ou ben + adxectivo)

Descargar

PDF Word HTML