Vangardas e Literatura Galega: Contexto, Movementos e Autores Clave
Contexto político e económico
Tensións entre as potencias europeas e recesión económica.
Contexto cultural
Transformacións, progreso. Vangardas: vontade de ruptura co anterior.
Ismos
- Futurismo (destrúe a sintaxe e suprime adxectivos, adverbios e signos de puntuación)
- Cubismo (nova disposición tipográfica)
- Dadaísmo (destrución total da linguaxe convencional)
- Creacionismo (xustaposición de imaxes inconexas)
- Surrealismo (afín ao marxismo e á psicoanálise, presenta a escrita automática)
Vangarda galega
Introdución
Mediante revistas como A Nosa Terra e Nós e persoas como Risco e Cunqueiro... Confluencia da vangarda co nacionalismo e o florecemento creado polas Irmandades.
A Xeración
Denominada novecentistas, de 1925 ou de vangarda, tiñan como características que rompían política e esteticamente co grupo Nós. Incorporan as novidades da vangarda pero sen renunciar ás constantes da literatura galega.
Órganos de expresión
O manifesto Máis Alá, de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro, é unha chamada á mocidade galega que defende o individualismo. Tamén as revistas como Alfar, Ronsel, Papel de Cor, Yunke e Cristal.
Liñas de expresión
O Neotrobadorismo
Recreación das cantigas de amigo e de amor, perfección formal.
- Fermín Bouza Brey publica: Nao Senlleira.
- Cunqueiro: Cantiga Nova que se Chama Ribeira e Dona de Corpo Delgado.
- Xoán Vicente Biqueira: Poemeto de Vida.
- Xosé Díaz Xacome: Primeiras Cantigas de Amor.
O Hilozoísmo
Mestura de elementos tradicionais.
- Luís Amado Carballo: Proel e O Galo.
- Manuel Luís Acuña: Firgoas.
- Xulio Sigüenza Raimundez: Cantigas e Verbas ao Ar.
A Vangarda Plena
- Manuel Antonio (representa a radicalidade do nacionalismo galego, a defensa dunha única lingua e a modernización da literatura galega). De Catro a Catro son 19 poemas subtitulados, entre eles Follas sen Data dun Diario de Abordo. Estrutura dunha viaxe real con inicio, final, escala en terra e o resto respostas ao cosmos. Os temas son o fluír do tempo e a existencia humana.
- Cunqueiro (rebelión e influencia do cubismo e surrealismo). Mar ao Norte presenta un mar abstracto sen contacto coa tradición galega. Poemas do Si e do Non relata unha historia de amor repleta de erotismo.