Estudo da Narrativa Galega: Século XX e XXI

Outras linguas estranxeiras2,59 KB

Tendencias e Autores da Narrativa Galega

Tendencias da Narrativa Galega

  • Obras que fan referencia á Guerra Civil ou anos próximos a ela.
  • Relato popularizante: narracións inspiradas nas fórmulas do relato oral e en tipos e motivos da tradición popular.
  • Narrativa de carácter social e autobiográfica.
  • Experimentalismo: tendencia representada polos membros da NNG.

Relato Popularizante: Ánxel Fole

Traslada ao texto escrito as fórmulas da narración oral. As súas obras máis destacadas son A lus do candil e Terra brava. Mestura elementos de carácter fantástico, recurso do humor, formando o eixe definidor dunha narrativa que se alicerza nas terras bravas de Lugo. O autor relata en primeira persoa como testemuña directa ou moi ben informado do que conta.

Narrativa Social: Xosé Neira Vilas

  • Autor dun conxunto de volumes que conforman o que se denomina como o ciclo do neno-adolescente. Cómpre engadir Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho.
  • En Camiño bretemoso e Remuíño de sombras xorde o mundo da inmigración.

Narrativa de Álvaro Cunqueiro

  • Primeiro grupo: Merlín e familia, As crónicas do sochantre e Se o vello Simbad volvese ás illas. Son narracións entrelazadas por un nexo común, xeralmente o marco onde son narradas.
  • Outras obras destacadas inclúen Escola de menciñeiros, Xente de aquí e acolá e Outros feriantes.

Narrativa de Eduardo Blanco Amor

Destacan os textos: A esmorga e Xente ao lonxe.

  • Emprega técnicas estilísticas modernas, como o monólogo dramático.
  • As súas obras transcorren nun espazo urbano ou semiurbano, Auria, translación literaria de Ourense.
  • As dúas protagonistas proceden de clases sociais baixas.
  • Vemos un cadro de costumes e tipos que amosan unha panorámica da sociedade do tempo no que transcorren os feitos.
  • Os protagonistas aparecen deseñados na súa complexidade.
  • O autor tenta levar adiante un verdadeiro exercicio de linguaxe.

Publica tamén Os biosbardos (7 narracións de relatos breves).

  • Todos narrados en primeira persoa, con protagonista infantil ou adolescente.
  • O marco é urbano ou semiurbano.
  • A estrutura familiar amosa o pai de xeito negativo, e as nais idealizadas.
  • Os protagonistas amosan unha conciencia clara da súa singularidade, son seres solitarios e incomprendidos.

Descargar

PDF Word HTML