Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Secundaria

Eduardo Pondal e a Narrativa Galega do Século XIX

Lingua e literatura2,55 KB

Eduardo Pondal: Biografía e Contexto

Eduardo Pondal naceu en Ponteceso, no seo dunha familia fidalga. A paisaxe da comarca de Bergantiños será o marco espacial do seu mundo mítico. Estudou bacharelato en Santiago de Compostela e participou nas actividades do Liceo de la Juventud, onde coñeceu a mocidade galeguista do seu tempo. En 1860 rematou a carreira de medicina e marchou a Ferrol para exercer a súa profesión, que abandonou axiña para retornar á casa natal e dedicarse por enteiro á literatura. Viviu longas tempadas na Coruña e compartiu amizade cos galeguistas Murguía e Carré. Asistiu ás tertulias da Cova Céltica, grupo formado por intelectuais interesados por Galicia e a súa cultura e defensores da orixe celta do noso pobo....

Seguir lendo "Eduardo Pondal e a Narrativa Galega do Século XIX" »

A Vangarda Galega e a Literatura de Posguerra: Autores e Obras

Lingua e literatura6,94 KB

Vangarda Galega

Características:

  • Actividade crítica coa poesía anterior e en especial coa herdada do s. XIX.
  • Vontade de renovación da arte e da literatura.
  • Publicación de manifestos que explican as características da nova arte.
  • Publicación de revistas.

Liñas e Aurores

1. Neotrobadorismo

Trata de imitar as cantigas de amor, de amigo e de escarnio de dúas formas:

  • Imitando tal cal as cantigas medievais.
  • Utilización da temática das cantigas medievais.

Destacamos dous autores:

  • Fermín Bouza Brey
    • Nao Senlleira (1930)
    • Seitura (1955)
  • Álvaro Cunqueiro
    • Cantiga nova que se chama ribeira (1933)
    • Dona do corpo delgado (1955)

2. Imaxinismo ou Hilozoísmo

  • Deshumanización poética.
  • Humanización da paisaxe.

Destaca Luís Amado Carballo:

  • Proel (1927)
  • O galo (1928)

Manuel

...
Seguir lendo "A Vangarda Galega e a Literatura de Posguerra: Autores e Obras" »

O Prerrexurdimento Galego: Contexto Histórico e Social (Século XIX)

Lingua e literatura2,99 KB

O Prerrexurdimento

O Prerrexurdimento comeza na Idade Contemporánea. O Romanticismo espallou por Europa o desacordo coa sociedade establecida. Algunhas ideas se tiveron en conta no transcorrer do século, e axudaron a que no país se producise o renacer da cultura e da literatura galegas.

Na literatura do século XIX cómpre distinguir dúas etapas: o Prerrexurdimento e o Rexurdimento. O Prerrexurdimento constitúe o período que vai desde comezos do século XIX ata a publicación de Cantares gallegos (1863).

Contexto Histórico

Na primeira metade do século XIX hai que subliñar dous feitos principais:

  • A Guerra da Independencia: Nela, os franceses entraron en Galicia (1809), pero en cinco meses foron expulsados grazas a unha loita guerrilleira
...
Seguir lendo "O Prerrexurdimento Galego: Contexto Histórico e Social (Século XIX)" »

O Rexurdimento: Cabanillas e Risco

Lingua e literatura2,64 KB

Agrarismo

Movemento reivindicativo do campesiñado que crea asociacións e sindicatos en defensa dos labregos galegos. Obxectivo principal: abolición dos foros, deixar de pagar rendas abusivas e ser propietarios plenos da terra.

Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala foron creadas en 1916 por iniciativa de Antón Vilar Ponte. Defendían a igualdade entre o galego e o castelán, o estudo do galego, e crearon o Conservatorio Nacional de Arte Galega e o Seminario de Estudos Galegos.

Ramón Cabanillas

Un dos autores máis importantes do agrarismo. Pertence á Irmandade da Fala e ao Grupo Nós. Seminario Compostela (formación clásica), Habana.

Características da súa poesía

  • Modernismo: musicalidade, intimismo, colorismo, carácter sensual.
  • Tematicamente:
...
Seguir lendo "O Rexurdimento: Cabanillas e Risco" »

Formas do discurso, exposición e xornalismo en Galicia

Lingua e literatura12,63 KB

1. Narración, descrición e diálogo

As formas do discurso

Distínguense cinco formas do discurso:

  • Narración: Serve para contar a evolución duns feitos reais ou imaxinarios que lles ocorren a uns personaxes nun lugar e nun tempo determinados.
  • Descrición: Emprégase para indicar detalladamente como son as persoas, os lugares, os obxectos ou os sentimentos.
  • Diálogo: Emprégase cando se intercambia información entre un ou máis interlocutores.
  • Exposición: Ten unha finalidade informativa e serve para explicar un tema de forma ordenada e obxectiva.
  • Argumentación: Utilízase cando se quere defender unha opinión ou influír no receptor para que pense ou actúe de acordo coas intencións do emisor.

A narración

Narrar consiste en contar feitos reais...

Seguir lendo "Formas do discurso, exposición e xornalismo en Galicia" »

Historia da Lingua Galega: Do Rexurdimento á Normalización

Lingua e literatura5,34 KB

Aínda así, houbo algúns estudosos como o Padre Sarmiento, o Padre Feijoo e o Cura de Fruíme, que iniciaron a defensa do galego.

A Defensa da Lingua Galega: Unha Traxectoria Histórica

O Rexurdimento Galego: Século XIX

No século XIX produciuse o Rexurdimento do galego como lingua literaria. Este novo renacer iniciouse coa Guerra de Independencia (1808-1814) e tería como continuación os traballos literarios de diversos autores que se comprometeron coa defensa da lingua e cultura de Galicia. Un dos momentos máis importantes foi a publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro en 1863.

Neste período fixéronse as primeiras gramáticas (Saco e Arce) e os primeiros dicionarios (Valladares) do galego; escribiuse tamén a primeira novela,...

Seguir lendo "Historia da Lingua Galega: Do Rexurdimento á Normalización" »

Historia da Lingua Galega: Resistencia, Ilustración e Rexurdimento

Lingua e literatura2,76 KB

A Lingua Galega: A Resistencia

Desde o século XV, coa derrota e expulsión da nobreza autóctona, o galego quedou afastado dos centros de poder administrativo e eclesiástico, de maneira que o castelán foi ocupando o seu lugar como lingua de cultura. O galego, aínda que seguía a ser a lingua da inmensa maioría da poboación, quedou reducido aos usos orais, xa que a nova situación motivou o abandono do seu uso na escritura.

Houbo dous factores que tamén influíron grandemente neste proceso de castelanización:

  • A imprenta, que chegou a Galicia a finais do século XV, e que só usaba o castelán e o latín para as publicacións.
  • A universidade, que unicamente promovía o uso do castelán e latín.

Esta marxinación foi denunciada por primeira...

Seguir lendo "Historia da Lingua Galega: Resistencia, Ilustración e Rexurdimento" »

Galicia na Posguerra: Cultura, Represión e Rexurdimento Literario

Lingua e literatura12,67 KB

A Guerra Civil e a Segunda República en Galicia

O 14 de abril de 1931 instaurouse en España a Segunda República. Comezaba así unha etapa caracterizada por unha intensa actividade política e un gran desenvolvemento cultural.

O 18 de xullo, unha parte do exército, mandada polo xeneral Franco, sublevouse contra o lexítimo Goberno da República. Iniciábase así unha guerra civil chea de crueldade e dureza, que durou tres anos e deixou un saldo de máis dun millón de mortos.

A guerra rematou en abril de 1939, coa derrota das forzas leais á República. O xeneral Franco instaurou entón unha ditadura que se prolongou durante preto de corenta anos.

Galicia na Posguerra: Represión e Resistencia Cultural

A Posguerra: Tempo de Represión

Coa Guerra...

Seguir lendo "Galicia na Posguerra: Cultura, Represión e Rexurdimento Literario" »

Literatura galega nos séculos escuros: lingua e sociedade

Lingua e literatura2,27 KB

A situación galega nos séculos escuros

Nos séculos escuros, Galicia sufriu unha decadencia na súa literatura. A lingua galega sufriu un desprestixio da súa identidade. Dunha sociedade desenvolvida en galego na Idade Media, pásase a unha situación en que a maior parte das clases poderosas se expresan en castelán, o mesmo idioma que se impón na administración, no ensino e na Igrexa, o que marxina ao galego. Malia apenas ficaren testemuñas de literatura culta, durante os séculos escuros a maioría do pobo exprésase en galego.

Literatura galega

Literatura culta

Exemplos:

  • Soneto de Monterrei
  • Soneto con falda de Xoán Gómez Tonel

A principal figura é frei Martiño Sarmiento, que destacou máis polos seus estudos lingüísticos e escritas

...
Seguir lendo "Literatura galega nos séculos escuros: lingua e sociedade" »

Literatura e Sociedade Medieval Galego-Portuguesa: Xéneros e Características

Lingua e literatura5,43 KB

A literatura popular

A literatura popular é anónima, de transmisión oral, ten funcionalidade específica, conta coa aceptación da comunidade que a emprega, presenta gran variabilidade formal e emprega unha linguaxe sinxela e expresiva.

Literatura popular en verso

  • Cantigas de labor
  • Cantigas infantís
  • Cantigas de festas
  • Cantigas de romaría
  • Cantigas de divertimento
  • Romances

Literatura popular en prosa

Os contos

Narracións breves de acontecementos ficticios que teñen por finalidade transmitir ensinanzas ou divertir.

  • Contos marabillosos
  • Contos relixiosos
  • Contos de animais
  • Contos humorísticos ou de burla

As lendas

Narracións breves de sucesos fantásticos que adoitan presentarse como reais.

  • Lendas etiolóxicas (explican a orixe do lugar)
  • Lendas haxiográficas
...
Seguir lendo "Literatura e Sociedade Medieval Galego-Portuguesa: Xéneros e Características" »